El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Oito festivais da provincia contarán con puntos LGTBI+ ao abeiro da campaña Liberdade de Ser e Sentir

07-08-2025 12:30:10
Festival Castelo Rock, en Muros.

REDACCIÓN | A asociación LGTBI+ ALAS A Coruña poñerá en marcha un total de oito puntos informativos en festivais e festas populares da provincia, ao abeiro da campaña Liberdade de Ser e Sentir, impulsada ao longo de todo o ano polo departamento de Igualdade e Dereitos Civís da Deputación da Coruña para a defensa dos dereitos da comunidade LGTBI+. A primeira das citas na que se instalarán os puntos é, mañá mesmo, a Carballeira de Zas. 

O obxectivo é sensibilizar, informar e achegar recursos ao conxunto da cidadanía sobre a diversidade afectiva, sexual, de xénero e familiar, promovendo espazos seguros, inclusivos e libres de LGTBIfobia durante citas culturais e musicais do verán. 

Os postos estarán atendidos por persoal da entidade, que ofrecerá materiais informativos, formativos, xogos e materiais vencellados ao coidado da saúde sexual. Ata o momento, xa se confirmaron seis dos oito eventos nos que estará presente a campaña durante estes meses de verán: 


.- Venres, 8 de agosto, ás 22 horas: Carballeira de Zas. 

.- Sábado, 9 de agosto, ás 21 horas: Castelo Rock (Muros). 

.- Venres, 15 de agosto, ás 13:30 horas: A Xunqueira (Cee). 

.- Luns, 18 de agosto, ás 22 horas: Festas de San Roque (Betanzos). 

.- Sábado, 23 de agosto, ás 22 horas: Festival Irmandiño (Moeche). 

.- Venres, 5 de setembro, ás 21 horas: Festival Rock in Rian (Rianxo). 

As dúas datas restantes serán anunciadas nas vindeiras semanas. “Desde a área de Igualdade e Dereitos Civís”, explicou a titular do departamento, Sol Agra, “seguimos querendo construír unha sociedade onde todas as identidades e orientacións sexuais teñan cabida, recoñecemento e protección, sen medo e sen armarios”. “Porque todos os corpos”, engadiu, “todas as identidades e todas as formas de amar merecen ser celebradas. Porque non hai democracia plena sen igualdade real”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias