El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación simplifica a concesión de subvencións e aumenta a transparencia

08-08-2025 16:32:20
Valentín González Formoso.

REDACCIÓN | O pleno da Deputación aprobou hoxe a nova Ordenanza Xeral de Subvencións e Transferencias da institución provincial, que a partir da súa entrada en vigor coa publicación no BOP regulará a concesión de axudas. 

Este paso supón simplificar a normativa existente ata agora, que constaba de dúas disposicións principais, a Ordenanza Xeral de Subvencións e as Bases xerais reguladoras dos programas de subvencións. 

A nova norma ten tamén como obxecntivos reforzar a transparencia e garantir unha xestión máis eficiente e coordinada das subvencións, mellorando a claridade, a coherencia e a seguridade xurídica na aplicación da normativa, tanto para a cidadanía e entidades beneficiarias como para a propia Administración. Así, con este paso, establécese un marco máis claro, estable e suficiente que minimizará as diferentes interpretacións da normativa.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias