El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación apoia ao Rallye de Ferrol

20-08-2025 17:11:30
Antonio Leira.

REDACCIÓN | O Concello de Ferrol acolleu hoxe a presentación oficial do 56º Rallye de Ferrol, unha das citas máis emblemáticas do automobilismo galego, que se celebrará esta fin de semana, os días 22 e 23 de agosto, coa participación de 125 pilotos. 

No acto participaron o deputado de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira, o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, o presidente da Escudería Ferrol, Germán Castrillón, e a secretaria territorial da Xunta en Ferrol, Patricia Busto. 

Durante a súa intervención, Antonio Leira destacou que o Rallye de Ferrol “é moito máis ca unha carreira: é un evento de país, que mobiliza recursos, persoas e emocións, e que proxecta o nome de Ferrol e da súa comarca máis alá das nosas fronteiras”. 

O deputado puxo en valor o traballo da Escudería Ferrol, organizadora do evento, “un exemplo de como a paixón polo deporte, cando se combina con capacidade organizativa e apoio institucional, pode dar lugar a eventos desta dimensión”. 

Leira subliñou tamén o compromiso da Deputación co deporte como motor de desenvolvemento local, como ferramenta de cohesión social{/strong} e como vía para promocionar o territorio{/strong}. “Detrás de cada coche hai un equipo, un taller, unha familia, un concello implicado. Eventos coma este son claves para manter vivo o tecido deportivo da provincia”, afirmou. 

A Deputación da Coruña leva anos apoiando o Rallye de Ferrol e, segundo indicou Leira, continuará facéndoo “apostando non só polos grandes eventos, senón tamén polo traballo de base, polas escudarías, polos clubs e por todas as persoas voluntarias que fan posible que o rallye sexa un éxito cada ano”. 

Ademais do seu valor deportivo, o deputado salientou o impacto económico positivo que o rallye ten para Ferrol e a súa contorna, con repercusión directa na hostalería, o comercio, os servizos e a ocupación hoteleira. 

O Rallye de Ferrol 2025 desenvolverase en dúas xornadas: o venres 22 coa cerimonia de saída e o tramo de probas (shakedown), e o sábado 23 cunha intensa xornada competitiva que arrancará ás 08:00 horas e incluirá máis de 97 km cronometrados sobre asfalto, repartidos en varios tramos polas comarcas de Ferrolterra e arredores.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias