El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Máis de 100.000 euros entre 22 entidades xuvenís de 14 concellos da provincia no marco do Plan +Xuventude

29-08-2025 18:41:15
Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra.

REDACCIÓN | O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe que a Xunta de Goberno da institución provincial acaba de dar luz verde ao reparto de preto de 102.000 euros no marco do Plan +Xuventude, a primeira liña de achegas da entidade dirixida expresamente á mocidade. Nesta segunda convocatoria resultaron beneficiarias 22 entidades xuvenís de 14 concellos da provincia, que a Deputación apoia “para impulsar iniciativas de interese social e impulsar proxectos de interese social relacionadas coa cultura, o deporte, a música ou vencelladas á natureza”.  

Na contorna de Pontevedra reciben recursos colectivos de Barro (Asociación Cultura e Xuventude Barro, “Feito a man”; Asociación Cultural Colectivo Espazo 16, “Laboratorio da Paisaxe Baixo Miño”; e Asociación Musical Cultural Tirante, “Barosa Líquida”, 5.000 € cada un), de Cerdedo-Cotobade (Sara Troitiño, “Camiñando pola natureza”, 5.000 €) e de Pontevedra (Down Pontevedra, “Percorrendo a tradición”, 5.000 €). Na comarca do Salnés, resultaron beneficiarias dúas asociacións de Vilagarcía de Arousa (Asociación Arousa Moza, “Obradoiros Semente de Futuro”) e Vilanova de Arousa (Asociación Conecta Galicia, “Conecta + Xuventude”) con 5.000 € cada unha.  

No caso de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, os recursos do +Xuventude chegan á Estrada (Asociación Xuvenil Imaxe e Axuda, “Acción de noite”, 5.000 €) e Silleda (Asociación Cultural Banda de Música de Silleda, “Campamento musical de verán”, 4.750 €). Na comarca do Morrazo, resultou beneficiario un colectivo de Bueu (Asociación Recreativa e Cultural Marexada, “Centinelas da auga”) que recibirá 5.000 €.  

No sur da provincia, reciben recursos asociacións da Guarda (Érguete, “Non o deixes ao azar”, 5.000 €), O Rosal (Agrupación Musical do Rosal, “Máis que música”, 5.000 €), Salceda de Caselas (Asociación Xuvenil de Parderrubias Festas de Santo Amaro, “O legado dunha xeración”, 4.873 €), Salvaterra de Miño (Asociación Non Damos Feito, “Galimpiadas”, 4.666 €) e Tui (Banda de Música Popular de Tui, “Sons e Emocións: a cultura da mocidade”, 4.399 €). 

No caso da cidade de Vigo, son sete as asociacións beneficiarias (Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valladares, “Campamento musical Okupémonos”, 5.000 €; Centro Xuvenil Abertal, “Outra movida”, 5.000 €; Clean Energy Ship UVigo, “Creación de consellos locais de xuventude e fomento do asociacionismo e voluntariado xuvenil”, 1.000 €; Asociación Cultural Galicia Fiddle, “Fiddle para as aldeas”, 4.434 €; Asociación Xuvenil Xuntanza Xuvenil, “Suando a camisola”, 2.900 €; Asociación Nós Mesmas, “Somos hype”, 4.567 €; e Down Vigo, “Cultura tradicional e inclusiva”, 5.000 €). 

O presidente, que lembrou que esta nova convocatoria do Plan +Xuventude está dotada dun 20% máis de recursos fronte á primeira edición, sinalou o “grande éxito” desta iniciativa, no marco da “aposta que estamos facendo pola xuventude desde o noso goberno, como nunca antes na historia desta institución”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias