El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Economí­a

GALICIA | SEMANA VERDE

A feira Abanca Semana Verde xa ten datas: do 4 ao 7 de xuño de 2026

Será a 48ª edición deste recoñecemento multisectroial.

01-09-2025 16:12:15
Foto de arquivo da feira Semana Verde.

REDACCIÓN | A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia xa ten datas para 2026. Será do 4 ao 7 de xuño cando celebre a súa 48ª edición, coa que pretende converterse unha vez máis no gran certame multisectorial de comercio e lecer do noroeste peninsular. O seu equipo traballa xa nunha cita na que seguirá reforzándose, tanto a nivel expositivo como no que se refire ao contido do seu programa de actividades, co obxectivo de manter o amplo respaldo de expositores e público.En canto á súa exposición, contará cos seus consolidados certames paralelo, o XXIX Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca; o XV Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, a XII Feira de Festas de Interese Turístico, Festur, e tamén a XII Feira de Caza, Pesca e Natureza, Fecap Abanca. A eles unirase a segunda edición do Salón de Beleza e Estética Avanzada, Intermax Beauty Show e, como é habitual, outros moitos sectores que irán desde gandería, bioenerxía, pequena maquinaria, xardinería ou ferramenta ata mobiliario, decoración ou artesanía.En canto ao seu programa, incluirá novamente actividades para profesionais e público xeral, sumando novidades ás propostas xa clásicas na feira que contan cunha excelente acollida en todas as edicións.Unha cita con historia que non deixa de superarse A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia é xa unha cita amplamente consolidada pola súa capacidade para crear oportunidades comerciais e ofrecer unha proposta con atractivo para todo tipo de público.Un esforzo que se reflicte nos seus crecentes resultados. Así, na súa pasada convocatoria, celebrada do 5 ao 8 de xuño deste ano, reuniu a 758 expositores directos de oito países, converténdose na maior do últimos dezaoito anos e na máis internacional do últimos vinte. Ademais, rexistrou cifras récord na exposición do seu salón de turismo e engadiu o sector da beleza a través dun certame paralelo propio.Por outra banda, volveu ofrecer máis de 200 actividades das que puideron desfrutar 112.200 visitantes, un 32% máis que na edición anterior e a súa mellor cifra desde que se declarase a pandemia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias