El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

A Deputación reanuda a quinta edición do Coñece a túa provincia con viaxes á Mariña

02-09-2025 10:58:36
Coñece a túa provincia.

REDACCIÓN | A Deputación de Lugo reabre hoxe a quinta edición do programa de viaxes Coñece a túa provincia, que arranca hoxe a súa segunda quenda do ano con visitas gratuítas á Mariña. Preto de 1.200 veciños de 26 concellos de toda a provincia participarán entre setembro e outubro nesta iniciativa da institución provincial que ten por obxectivo promover o turismo de proximidade e poñer en valor o patrimonio. 

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, recibiu no Centro de Interpretación Terras do Miño aos membros da Asociación As Bulidoiras, das Nogais, que visitarán este martes o museo do mel do Valadouro, a Finca Galea ou o castelo de Alfoz. Estreou tamén o calendario de excursións a asociación Hombreiro Río Miño, de Lugo, que fará unha ruta que lles permitirá coñecer as principais praias do Vicedo e o casco antigo de Viveiro. Esta semana percorrerá a provincia tamén a veciñanza de San Tirso, en Palas de Rei; do Carballido, de Castro de Cuíñas e de Cereixido, na Fonsagrada; de Santa Cristina de San Román, en Lugo; e de Santiago de Sobracedo, en Taboada. 

Pilar García Porto, Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, valorou que o balance da temporada completa é “moi bo”, con máis de 130 entidades veciñais da provincia –o que supón máis de 3.000 persoas- participando entre as dúas quendas. “Este programa é un éxito ano tras ano, un éxito en participación e en retorno económico. Cada persoa que fai unha das nosas rutas xera aproximadamente 60 euros que impactan directamente no sector turístico. Estamos a falar de que levamos xerado preto de 1 millón de euros desde que arrancamos con esta iniciativa”, calculou. 

Argumentou a Deputada que o modelo de turismo polo que aposta a Deputación, e no que se enmarca este programa, “baséase nos principios de accesibilidade, porque é unha opción máis inclusiva por non requirir custos elevados; de reforzo da identidade local, por poñer en valor tamén as tradicións, a gastronomía e as costumes; da dinamización económica do territorio, por impactar directamente na hostalaría, o comercio e os servizos locais; e no respecto ambiental, porque favorece un modelo respectuoso co medio natural e os recursos do territorio”. 

Esta iniciativa provincial está dirixida a asociacións e colectivos sen ánimo de lucro de toda a provincia e consiste en viaxes gratuítas, en pequenos grupos, dunha xornada de duración por diferentes puntos da xeografía lucense seguindo diversas rutas polo patrimonio natural, histórico, cultural e gastronómico. 

O programa Coñece a túa Provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias