El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Rioboo destaca á Orquestra Sinfónica de Galicia como un "referente galego e estatal"

02-09-2025 20:29:39
José Ramón Rioboo (d).

REDACCIÓN | O deputado provincial José Ramón Rioboo participou hoxe no acto de presentación da nova tempada da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), celebrado no Palacio da Ópera da Coruña. 

No seu discurso, Rioboo destacou que a OSG “é un referente a nivel galego e estatal e un orgullo colectivo, que proxecta o nome da Coruña e de Galicia máis alá das nosas fronteiras” e subliñou que o apoio da Deputación responde á vontade de democratizar o acceso á cultura, garantindo que a excelencia musical da orquestra non quede restrinxida a un público reducido, senón que poida saír da cidade e chegar aos concellos coruñeses. 

“É precisamente a forza deste proxecto: a capacidade de saír do Palacio da Ópera e levar a súa excelencia polos municipios da nosa provincia. A capacidade de abrir ensaios ao público, de organizar concertos didácticos para escolares, de poñer en marcha programas inclusivos e interxeracionais que fan da música unha linguaxe común para todas as xeracións”, destacou Rioboo. 

O deputado lembrou que a colaboración da institución provincial coa Sinfónica é “un compromiso estratéxico, mantido ao longo das últimas décadas, para que a música sexa un dereito accesible, non un privilexio”. Este compromiso demóstrase na aportación que cada ano fai a Deputación para o funcionamento desta orquestra: 1,5 millóns de euros, a subvención nominativa máis elevada que concede cada ano. 

Rioboo puxo en valor tamén o traballo dos músicos, do equipo técnico e directivo, así como do Consorcio para a Promoción da Música, coa súa presidenta e alcaldesa da Coruña, Inés Rey, á fronte: “Grazas ao seu esforzo constante, a Orquestra Sinfónica de Galicia é hoxe unha institución viva, recoñecida e admirada en todo o mundo”. 

Segundo o deputado provincial, a Deputación seguirá apoiando á OSG porque “a cultura é unha ferramenta esencial para a cohesión social, para a igualdade de oportunidades e para facer provincia”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias