El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Luis López convida a descubrir a provincia do deporte a través de eventos como o Descenso Internacional do río Umia

04-09-2025 16:03:36
Presentado o Descenso Internacional do río Umia.

REDACCIÓN | O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salienta a contribución de entidades como o Club Náutico o Muíño e de concellos como o de Ribadumia para consolidar ás Rías Baixas como a provincia do deporte. Fíxoo na presentación da edición número trinta e un do Descenso Internacional do río Umia que se celebra este sábado desde a praia fluvial de Oubiña ata a ponte de Barrantes e na que participarán preto dun milleiro de padeeiros. “Convido a todo o mundo a que se achegue esta fin de semana a Ribadumia para desfrutar deste espectáculo porque seguro que o ano que vén, repiten”, asegurou López. 

O Descenso Internacional do Río Umia, que promove o club náutico O Muíño de Ribadumia, celebra este ano a súa edición número 31. Unha proba puntuable para a Liga Galega de Ríos e Travesías da Federación Galega de piragüismo e na que se agarda a participación de preto dun milleiro de padeeiros de procedentes de clubs de distintos países. O percorrido, duns 7.000 metros de lonxitude, parte desde o Concello de Cambados, da praia fluvial de Oubiña; e ten a súa meta na Ponte de Barrantes, xa en territorio do Concello de Ribadumia. “Este tipo de eventos deportivos internacionais sería imposible facelo sen clubs como O Muíño, ao quero agradecer todos os anos de traballo e os valores que inculcan aos deportistas”, recalcou o dirixente. 

O mandatario provincial defendeu a condición de Pontevedra como provincia do deporte cunha longa lista de argumentos. “En piragüismo somos unha referencia mundial, os nosos clubes, como o Muiño; e os nosos deportistas, como Adrián Sieiro (padeeiro co club local), son os mellores do mundo. A provincia é un polideportivo ao aire libre e, a efectos de instalacións, desde a Deputación articulamos uns plan extraordinarios de infraestruturas deportivas para mellorar os equipamentos municipais a través dos cales levamos investidos 12 millóns de euros en dous anos. E no caso das competicións que organizamos, as 31 edicións deste Descenso Internacional do río Umia é un exemplo, como o de LaVuelta, que acolleremos unha etapa entre Combarro e Mos a vindeira semana”, enumerou o presidente. 

Neste sentido, Luis López reflexionou tamén sobre o caso particular do Concello de Ribadumia, que “con 5.000 habitantes é unha potencia no deporte”, afirmou antes de citar eventos que de índole internacional que se celebran cada ano neste concello do Salnés como o Arousa Fútbol 7, a Copa Ribadumia ou a MiniBTT. “Non me canso de repetilo, somos a provincia do deporte”, concluíu o presidente provincial, quen reafirmou o compromiso da Deputación para seguir colaborando en eventos como este Descenso Internacional do Río Umia e apoiando a actividade de clubs como O Muíño. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias