El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación presenta un programa de formación para as entidades deportivas de base da provincia

18-09-2025 19:24:20
O deputado de Deportes, Antonio Leira (d).

REDACCIÓN | O deputado de Deportes, Antonio Leira, presentou hoxe o novo programa de formación para entidades deportivas de base da provincia, unha iniciativa que responde á necesidade dos clubs que fomentan o deporte e os seus valores entre a mocidade da provincia. 

A meirande parte dos 2.400 clubs deportivos repartidos polos 93 concellos da provincia da Coruña viven unha realidade complexa. Sostéñense na súa maioría grazas ao traballo voluntario, o que provoca que lles resulte complicado afrontar retos como a dixitalización, a xestión administrativa ou a mellora dos procesos de adestramento. 

Para chegar á conclusión da necesidade deste programa de formación, a Deputación realizou unha enquisa -na que participaron máis de 240 persoas de 60 concellos e 40 modalidades deportivas diferentes- para coñecer de primeira man as principais problemáticas que experimentan os clubs na súa xestión diaria. Deste cuestionario saíu unha conclusión clara: urxe un programa formativo adaptado á realidade do deporte de base, centrado especialmente na mellora do adestramento e na xestión dos clubs. O obxectivo é facer máis robusto e profesional o tecido deportivo da provincia. 

Deste xeito, prográmanse un total de 8 xornadas formativas en diferentes concellos da provincia durante os meses de outubro e novembro, abordando temáticas como a normativa sectorial, os patrocinios, a xestión da comunicación, a regulación emocional, a inclusión no deporte ou a dirección de equipos.  

Antonio Leira destacou “o apoio que brindamos dende a Deputación a todos os clubs deportivos da provincia”, tanto a través de axudas económicas directas, ás que a institución provincial dedica este ano 4,3 millóns de euros, como co apoio na organización de eventos e promoción das súas actividades. 

O deputado provincial subliñou que estas formacións “serán de grande utilidade para todos aqueles clubs que queiran seguir mellorando, profesionalizando aspectos da súa xestión e dando pasos cara o futuro. E nese proceso sempre terán a man tendida da Deputación da Coruña, porque todos estes equipos fan provincia e inculcan os valores do deporte e da saúde na mocidade”. As persoas dos clubs da provincia que estean interesadas en participar poden inscribirse xa a través desta ligazón. 


O calendario de formacións e as súas temáticas 


As Pontes, 3 de outubro, no centro de interpretación A Mina. 

.- De 16:30 a 18:00 horas: Xestión da comunicación e redes sociais, impartida por Daniel Agra. 

.- De 18:30 a 20:00 horas: O reto da inclusión no deporte, impartida por Paula Gárate. 


Dumbría, 10 de outubro, nas instalacións deportvias municipais de Conco. 

.- De 16:30 a 18:00 horas: Ferramentas para adestrar a menores con respecto, impartida por Rubén Domínguez. 

.- De 18:30 a 20:00 horas: Soporte Vital Básico (RCP e DESA) para técnicos deportivos, impartida por Roberto Barcala. 


Ordes, 17 de outubro, no salón de plenos do Concello. 

.- De 16:30 a 18:00 horas: Aplicacións de IA para a xestión dun club deportivo, impartida por Juanma Murúa. 

.- De 18:30 a 20:00 horas: Soporte Vital Básico (RCP e DESA) para técnicos deportivos, impartida por Roberto Barcala. 


Carballo, 24 de outubro, no Forum Galicia. 

.- De 16:30 a 18:00 horas: Normativa sectorial no deporte, impartida por Miguel Juane. 

.- De 18:30 a 20:00 horas: Regulación emocional para adestradores/as no entorno deportivo, impartida por Manuel Isorna. 


Santiago de Compostela, 31 de outubro, no Auditorio de Galicia. 

.- De 16:30 a 18:00 horas: Xestión da contabilidade e tesourería. Obrigas fiscais, impartida por Álvaro Illobre. 

.- De 18:30 a 20:00 horas: Protocolo de protección da infancia e adolescencia no deporte, impartida por Gonzalo Silió. 


Arzúa, 7 de novembro, na Casa de Correos. 

.- De 16:30 a 18:00 horas: Xestión do estrés e da ansiedade na competición, impartida por Iago López Roel. 

.- De 18:30 a 20:00 horas: Dirección de equipo: competencias das persoas adestradoras, impartida por Rubén Domínguez. 


Betanzos, 14 de novembro, no salón azul do Edificio Liceo. 

.- De 16:30 a 18:00 horas: Orientación profesional para deportistas, impartida por Teresa Molezún. 

.- De 18:30 a 20:00 horas: Xestión da contabilidade e tesourería. Obrigas fiscais, impartida por Álvaro Illobre. 


Boiro, 21 de novembro, na centro social. 

.- De 16:30 a 18:00 horas: Patrocinio e doazóns, impartida por Yago Casal. 

.- De 18:30 a 20:00 horas: Efectos da nutrición no rendemento deportivo e na saúde, impartida por Alicia Villegas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias