El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Ernesto González Valdés
Sociedad

GALICIA

Sofía en Mateo, os nomes máis frecuentes dos nenos nados en Galicia o ano pasado

19-09-2025 09:59:51
Foto de arquivo dun bebé.

REDACCIÓN | Sofía e Mateo foron os nomes máis empregados para as nenas e nenos que naceron en Galicia durante o pasado ano 2024. Así o sinala a estatística publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística sobre os nomes dos neonatos galegos correspondentes ao ano 2024. Nela sinálase, nunha listaxe de cincuenta nomes ordenados de maior a menor frecuencia, que os cinco máis empregados no caso dos nenos foron Mateo, Martín, Leo, Hugo e Lucas, mentres que para as nenas foron Sofía, Vega, Noa, Martina e Olivia. 

En comparación co ano 2023, Mateo ocupou entón o primeiro posto dos nomes masculinos, seguido por Martín, Hugo, Leo e Enzo, atopándose Lucas no sexto lugar. No caso dos femininos, Noa foi o nome máis empregado, seguido por Sofía, Olivia, Martina e Valeria.


Outras estatíticas sobre nomes

O IGE tamén dispón na súa páxina web de información relativa aos nomes e apelidos da poboación que reside en Galicia atendendo á súa distribución municipal, concello e década de nacemento.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias