El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Coruña Estudio Inmersivo (CEI) preséntase en Iberseries como un referente europeo en innovación audiovisual

02-10-2025 17:58:15
Presentado o Coruña Estudio Inmerivo.

REDACCIÓN | No marco de Iberseries, que se celebra do 30 de setembro ao 3 de outubro en Matadero Madrid, a Deputación da Coruña e Pedralonga Estudios presentaron hoxe Coruña Estudio Inmerivo (CEI), un dos platós virtuais tecnolóxicamente máis avanzados de Europa. 

Baixo o título “Innovación e eficiencia: descubre o futuro da produción de contidos”, o encontro contou coa participación de Rosa Ana García, deputada de Emprego, Medio Ambiente e Política Demográfica da Deputación da Coruña; Miguel Ovejero, subdirector de Comunicación Audiovisual do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública; Alfonso Blanco, presidente do Clúster Audiovisual Galego; e José Manuel Deus, director xeral de Pedralonga Estudios. 

A presentación asistiron máis de medio cento de profesionais do sector audiovisual español, así como produtores de Francia, Alemaña, Estados Unidos e Portugal, ademais de prensa especializada internacional. 

Rosa Ana García destacou o CEI como un modelo de colaboración público-privada “que nos sitúa á vangarda da nova xeración de rodaxes inmersivas en Europa e que representa ademáis unha gran aposta por un sector estratáxico para Galicia como é o audiovisual. Un sector que non deixa de crecer e reinventarse”, afirmou. 

A deputada sostivo que o CEI é “un punto de encontro entre a creatividade e a tecnoloxía, que abre novas posibilidades para a industria”. “Esperamos que o CEI faga que A Coruña e Galicia acollan novas produccións nacionais e internacionais, creando un ecosistema que permite combinar tanto as rodaxes físicas como as virtuais”, afirmou. 

Coruña Estudio Inmersivo, CEI, está chamado a marcar un fito na produción audiovisual en España pola súa avanzada infraestrutura tecnolóxica. Entre os seus principais atractivos atópase un plató virtual de 750 m² equipado cunha pantalla LED Wall semicircular de 28 metros de ancho por 6 de alto e resolución 4K, que permite optimizar custos e ampliar as posibilidades creativas para producións tanto nacionais como internacionais. 

O CEI, situado na Cidade das TIC da Coruña, supuxo un investimento próximo aos nove millóns de euros, financiado pola Deputación da Coruña e Plan de Recuperación do Goberno de España. A xestión do centro está a cargo de Pedralonga Estudios, sociedade creada en 2024 que agrupa ao Clúster Audiovisual Galego, á Universidade da Coruña e a un grupo de dez destacadas empresas audiovisuais galegas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias