El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Ernesto González Valdés
Más noticias

ARZÚA

A Deputación da Coruña mantén o seu compromiso coa Festa do Queixo cun investimento de 120.000 euros

20-10-2025 19:39:33
Xoán Xesús Carril (d), e Xosé Regueira.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña e o Concello de Arzúa veñen de asinar o convenio de colaboración correspondente á 50ª edición da Festa do Queixo, celebrada o pasado mes de marzo, cun investimento provincial de 120.000 euros. A achega mantén así o reforzo iniciado o ano anterior, multiplicando por catro o apoio económico da Deputación respecto aos exercicios previos. 

O acordo foi asinado polo vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e o alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, e permitiu apoiar todas as fases de produción da pasada edición da festa: desde a promoción e difusión ata a instalación das infraestruturas e a organización dos stands e actividades complementarias. 

“Queremos agradecer á Deputación da Coruña, e especialmente ao vicepresidente Xosé Regueira, o seu compromiso coa Festa do Queixo, un evento que é xa un emblema de Galiza e unha das principais ferramentas de promoción económica, cultural e turística do noso Concello”, sinalou o alcalde, Xoán Xesús Carril. 


Preparativos da 51ª edición 

O Concello de Arzúa está a traballar xa nos preparativos da 51ª edición da Festa do Queixo, que terá lugar os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2026. 

O Goberno local avanza na planificación dun novo programa que combine tradición, innovación e participación veciñal, co obxectivo de seguir fortalecendo un evento que é referente cultural e económico en toda Galiza.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias