El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

A CORUÑA

Inés Rey demanda que se manteñan os fondos europeos para o desenvolvemento urbano que xestionan os concellos

21-10-2025 17:25:37
Inés Rey (4d).

REDACCIÓN | A alcaldesa participou hoxe na reunión da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), celebrada en Santiago de Compostela baixo o título “A política de cohesión no Marco Financeiro Plurianual 2028–2034”. 

A alcaldesa expresou o seu acordo coa ‘Declaración de Compostela’ aprobada no encontro, destacando especialmente a necesidade do mantemento dos fondos específicos destinados ao desenvolvemento territorial e urbano. “Estes fondos son fundamentais para que os concellos poidan seguir impulsando estratexias locais en materia de cohesión, sustentabilidade e competitividade”, sinalou. 

Engadiu que “é necesario garantir unha partida orzamentaria específica para o desenvolvemento urbano, porque é clave para afrontar retos como a vivenda ou a adaptación ao cambio climático, e porque se ten demostrado que estas políticas teñen un impacto directo no fortalecemento do tecido empresarial e na creación de emprego”. 

A ‘Declaración de Compostela’, fixa a posición da delegación española ante a proposta da Comisión Europea para o novo marco financeiro plurianual 2028–2034. A declaración manifesta o rexeitamento ao modelo dos chamados plans de colaboración nacional e rexional, por considerar que poderían centralizar a xestión dos fondos europeos e debilitar o papel das rexións e dos concellos, en detrimento do principio de cohesión territorial. 

A Declaración de Compostela reclama ademais un orzamento europeo máis ambicioso, por riba do 2% da Renda Nacional Bruta da UE, e defende o recoñecemento das comunidades autónomas como autoridades de xestión nos seus ámbitos competenciais, así como o mantemento dos fondos compartidos para cohesión, agricultura e pesca.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias