El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación investirá en 2026 case 3,6 millóns en sete liñas de subvencións aos concellos para cultura, turismo, lingua e igualdade

O prazo para presentar solicitudes estará aberto do 21 de outubro ao 21 de novembro.

21-10-2025 13:11:11
Valentín González Formoso.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña investirá o ano que vén 3.585.000 euros en sete das súas liñas de subvencións aos concellos para gastos de cultura, turismo, lingua e igualdade. As bases de todas as convocatorias están publicadas no BOP do 14 de outubro, e o prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto, tamén en todos os casos, entre o 21 de outubro e o 21 de novembro. Os programas de axudas son os seguintes: 

1.- DP0040/2026: de subvencións a concellos da provincia da Coruña para realizar eventos de arte pública urbana na modalidade de pintura mural en 2026. Repartirá 150.000 euros, cun máximo de 35.000 € por subvención. 

2.- DP0029/2026:  de subvencións a concellos e agrupacións de concellos da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes para o financiamento do gasto de persoal das oficinas de turismo en 2026. Repartirá 800.000 euros, con axudas de entre 10.000 e 20.000 euros. 

3.- FO207/2026: de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento de conservatorios, escolas de música e escolas de danza municipais en 2026. Repartirá 475.000 euros, cun máximo de 25.000 euros por axuda no caso dos conservatorios e de 12.500 euros no caso das escolas. 

4.- FO216/2026: de subvencións a concellos de menos de 50.000 habitantes e entidades locais para financiar gastos de persoal técnico para a atención de museos e centros museísticos en 2026. Repartirá 400.000 euros. 

5.- FO206/2026: de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2026. Repartirá 770.000 euros, cun máximo de 15.000 euros  por axuda no caso do persoal técnico en xestión cultural e de 10.000 euros no caso do persoal técnico en animación sociocultural. 

6.- FOAI/2026: de subvencións a concellos de menos de 20.000 habitantes e outras entidades locais para o financiamento de persoal técnico nos servizos municipais de igualdade de xénero en 2026. Repartirá 450.000 euros. 

7.- FONL/2026: de subvencións dirixida aos concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico dos servizos de normalización lingüística en 2026. Repartirá 540.000 euros, cun máximo de 20.000 euros por subvención.


Patrimonio cultural

A Deputación abriu tamén a convocatoria do programa DP0045/2026, de subvencións a concellos de menos de 50.000 habitantes para realizar actuacións de protección especial sobre o patrimonio cultural público ou de xestión municipal. A contía máxima da subvención non poderá superar os 150.000 euros por actuación. 

As bases están publicadas do BOP do 15 de outubro e a convocatoria, aberta entre o 21 de outubro e o 21 de xaneiro de 2026. Tanto as solicitudes como o resto da tramitación de todas as convocatorias realizaranse por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias