El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

Un cento de gandeiros fórmase na Granxa Gayoso sobre a dixitalización dos sistemas de xurro

30-10-2025 13:07:22
Unha xornada formativa sobre a dixitalización.

REDACCIÓN | A Granxa Gayoso Castro da Deputación de Lugo acolle hoxe unha xornada formativa sobre a dixitalización dos sistemas de xurro. A cita, na que participaron un cento de gandeiros e gandeiras da provincia, enmárcase na colaboración da institución provincial co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para impulsar a informatización do sector agroalimentario e do medio rural en España. 

Durante toda a mañá, as persoas participantes terán a opción de formarse nos sistemas de distribución e redución de emisións de xurro, análise de nutrientes do esterco e documentación dixital da aplicación. Esta actividade tecnico-práctica arrancou ás 10:00 horas na Aula da Granxa Experimental de Leite co obxectivo de amosar as últimas innovacións na aplicación do xurro, un aspecto clave na sustentabilidade e eficiencia da agricultura galega. 

Baixo o nome de DIGIPurín, esta iniciativa enmárcase no compromiso da Deputación de Lugo e do Goberno do Estado de impulsar a modernización do sector agroalimentario da provincia de Lugo, promovendo prácticas máis sostibles, eficientes e adaptadas á normativa. Unha oportunidade para os profesionais do sector de acceder a formación práctica e actualizada, coñecer as últimas innovacións tecnolóxicas e establecer conexións con expertos e empresas do sector, e para o desenvolvemento dun territorio no que o sector primario ten un peso específico tan importante.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias