El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación converte Píxel á Feira no maior escaparate do videoxogo galego e da cultura dixital

07-11-2025 11:54:03
Xosé Regueira.

REDACCIÓN | Píxel á Feira, o primeiro salón galego dedicado en exclusiva ao videoxogo en Galicia, abrirá as súas portas os días 8 e 9 de novembro no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, que se converterá na capital galega do videoxogo e da cultura dixital. A cita, organizada pola Deputación da Coruña, reunirá máis de 50 proxectos creados en Galicia, a cifra máis ata o de agora nun encontro deste tipo, e ofrecerá unha ampla programación de actividades abertas ao público. 

O salón nace coa vontade de converterse nun punto de encontro anual para a industria galega do videoxogo, un espazo de intercambio entre profesionais, creadoras e creadores e público afeccionado, ademais dunha plataforma de difusión para dar visibilidade aos videoxogos feitos en Galicia e en galego. 

“Queremos”, explica o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, “contribuír ao fortalecemento e visibilidade da industria galega do videoxogo, para que continúe promovendo novos produtos e se popularicen, e Pixel á Feira pon en común todo isto, ofrecendo un espazo inmellorable para a venda e a promoción das empresas do país”. 


Programa 

A feira reunirá videoxogos históricos, proxectos universitarios, propostas independentes e novas creacións, que compoñen unha panorámica diversa e chea de talento. Entre os espazos destacados está a exposición do MUVI–Museo do Videoxogode Galicia, que mostrará vinte e dúas pezas emblemáticas da historia do sector no noso país. Na Zona Interactiva, o público poderá descubrir e xogar os videoxogos que se están a facer hoxe en Galicia. 

O Escenario 1-1 acollerá máis de trinta actividades que conectan industria, cultura e entretemento. Haberá encontros profesionais sobre tradución e localización en galego, educación e selo galego do videoxogo, ademais de citas divulgativas musica ou podcasts. Na Zona Mercado, o público atopará tendas, librarías, artistas e marcas vinculadas á cultura dixital e ao coleccionismo . Na Zona Arcade e Torneos, poderanse probar máquinas orixinais como as de Daytona USA (1993), con ataoito xogadores simultáneos e participar en competicións de títulos clásicos e actuais como Tetris Sonic Windjammers Mario Kart 8 DX Street Fighter 6 ou Super Woden GP 2. 

Outro dos grandes eixos do evento será o Escenario DLC, un espazo participativo que naceu dunha convocatoria aberta á comunidade galega do videoxogo. O programa combina presentacións, obradoiros e conversas que amosan a diversidade e a creatividade do sector. 

O I Certame de Videoxogos en Galego da Deputación da Coruña, cuxa entrega de premios se celebrará o sábado 8 (Escenario 1-1, 18.30 horas), será outro dos grandes momentos da programación e recoñecerá a calidade e innovación dos proxectos creados ou traducidos ao galego. Todas as actividades son de acceso libre e os horarios poden consultarse na web.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias