El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Internacional

BNG | EURODEPUTADA

Ana Miranda denuncia o dobre criterio do PP ao apoiar na Eurocámara denuncias sobre manipulación en TVE e TV3 e vetar a da CRTVG

07-11-2025 13:31:02
Ana Miranda.

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denuncia a dobre vara de medir do PP na Eurocámara ao apoiar que as denuncias de manipulación informativa na RTVE e TV3 sexan tratadas na Comisión de Peticións mentres veta a denuncia presentada contra a manipulación informativa na CRTVG. 

“Denunciamos que esta semana, novamente, foi impedido que a denuncia do Comité de Empresa dos Traballadores da CRTVG fora tratado, mentres sí entraron denuncias de Televisión Española ou mesmo de TV3”, explica a eurodeputada galega a respecto da actuación dos populares e a extrema dereita na Comisión de Peticións da Eurocámara. 

Ao respecto, Ana Miranda critica o dobre criterio do Partido Popular e a extrema dereita “para evitar que o tema de manipulación informativa que hai en Galiza sexa tratado na Eurocámara”. “Pero nós seguiremos sendo a voz galega no Parlamento Europeo para denunciar esta manipulación e esta falla de liberdade de prensa nos medios públicos galegos”, subliña. 

Neste sentido anuncia a presentación dunha nova pregunta para a súa resposta escrita, dirixida á Comisión Europea “para trasladar esta cuestión, xa que se trata dun asunto europeo”. No documento remitido, a eurodeputada do BNG apunta que o Media and Journalism Research Center (MJRC) está elaborando un novo informe sobre os medios de comunicación que, previsiblemente, terá un capítulo específico sobre los medios no estado español, de forma que aportará novos datos sobre a súa situación. 


Reguladores independentes 

Por outro lado, a pregunta sinala que segundo a directiva de servizos audiovisuais (AVMSD) e a Lei de Medios europea, as televisións públicas teñen que estar supervisadas por reguladores independentes, algo que na televisión pública galega non ocorre, “de forma que nos encontramos con una clara vulneración de la normativa europea”. 

“Como eurodeputada do BNG denuncio novamente o incumprimento da Lei de Medios por parte da Compañía de Radiotelevisión Pública de Galiza”, subliña Ana Miranda, quen lembra que xa son moitas semanas as que levan os traballadores e traballadoras dos medios públicos galegos “denunciando manipulación informativa e o incumprimento da liberdade de prensa”. 

Precisamente esta situación xa foi denunciada pola eurodeputada galega no debate do pleno da Eurocámara que tivo lugar no mes de xullo sobre a “Situación da aplicación nos Estados membros do Regulamento Europeo sobre a Liberdade dos Medios de Comunicación”, quen sinalou que os medios públicos galegos incumpren a Lei Europea de Medios e o uso partidista que deles fai o PP. 

Ademais, xa en novembro de 2024, unha delegación do Comité en Folga da CRTVG viaxou a Estrasburgo para trasladar o ataque a liberdade de prensa, a manipulación que existe nos medios galegos e diferentes cuestións relativas aos dereitos dos traballadoras e traballadores. Nas xornadas de traballo desenvolvidas no Parlamento Europeo a delegación trasladada a Estrasburgo mantivo unha intensa axenda con dous vicepresidentes do Parlamento,  Yonous Omarjee e Nicolae Stefanuta; e coa Presidenta da Comisión de Cultura do Parlamento Europeo, Nela Riehl.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias