El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

CONCELLO DE LUGO

Miguel Fernández: "Lugo e Viana do Castelo non son só cidades irmandadas, senón urbes con estratexias comúns centradas no eido do patrimonio"

12-11-2025 19:09:47
Recepción dos alcaldes.

REDACCIÓN | O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, recibiu hoxe a visita oficial do seu homónimo de Viana do Castelo, Luís Nobre, desde que o lucense é rexedor. O mandatario da cidade portuguesa devolveu así a visita que Miguel Fernández lle fixo o pasado mes de setembro, coa que impulsar e revitalizar o irmanamento que ambos territorios asinaron en 1990. 

Antes de visitar a Praza de Pío XII, no punto no que conflúen os tres patrimonio da humanidade, ambos mandatarios percorreron algunhas das novas zonas peonís, do centro de Lugo, como parte “dese proxecto común de cidades abertas, sostibles, verdes e feitas para vivir comodamente”, sinalou Miguel Fernández. 

Os dous coincidiron en poñer en valor as máis de tres décadas que Viana do Castelo e Lugo levan irmandadas ao tempo que apostaron por iniciativas conxuntas de promoción de ambas urbes, e de xeito moi especial de accións que permitan a posta en valor do patrimonio histórico artístico como vía para avanzar no futuro. 

Nesta visita tivo especial protagonismo a Muralla de Lugo, a piques de cumprir nuns días os seus 25 anos da súa declaración como Ben Mundial. Por iso, o alcalde de Lugo lle fixo entrega ao de Viana do Castelo do libro “A Muralla de Lugo. Patrimonio da Humanidade”, escrito por Adolfo de Abel Vilela, Enrique Alcorta, Felipe Arias, Covadonga Carreño e Ignacio López de Rego. 

Por último, Miguel Fernández falou dos proxectos e estratexias que comparten ambas cidades, pero tamén “unha unión de hai máis de tres décadas, cando ambas cidades acordaron o seu irmanamento. Agardamos que esta visita sirva para revitalizar o noso compromiso por levar a Viana do Castelo e a Lugo ao seguinte nivel. Un nivel de excelencia para a posta en valor da cultura e do noso pasado como vías para escribir un futuro común cheo de posibilidades, coñecemento e novas iniciativas nas que involucrar ás novas xeracións”, explicou o alcalde lucense.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias