El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Internacional

BNG| EURODEPUTADA

Ana Miranda denuncia na Eurocámara a destrución da sanidade pública galega a mans do PP

25-11-2025 17:53:01
Ana Miranda, eurodeputada do BNG.

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denunciou os continuos esforzos do Partido Popular por levar a cabo a destrución do sistema sanitario público galego. Nestas críticas a eurodeputada galega baseouse nos datos publicados recentemente polo Consello Económico e Social sobre o estado do sistema sanitario galego. 

“No meu país, Galiza, o Partido Popular esfórzase constantemente en destruír sistema da sanidade pública, tanto a actividade asistencial como as condicións laborais dos profesionais”, manifestou a eurodeputada do BNG, quen amosou o apoio á folga convocada polos profesionais do sector sanitario para os vindeiros 26, 27 e 28 de novembro. 

Segundo explicou Miranda, por un lado, Galiza se sitúa por debaixo da media do Estado no número de especialistas en medicina de familia e comunitaria. Neste sentido, o informe do CES explica que entre 2023 e 2024 Galiza perdeu 232 médicos de familia, acadando o nivel máis baixo dos últimos 15 anos. 

Ademais, nos últimos anos elimináronse 1.181 camas hospitalarias e 360.000 persoas están en lista de espera hospitalaria e hai 200 concellos sen atención pediátrica, “por non falar das demoras de ata 15, 20 e 30 días para ter unha cita no centro de saúde”, sinalou a eurodeputada galega. 

“Estes datos amosan como o PP ten o obxectivo claro de dinamitar o sistema sanitario público do meu país, Galiza, favorecendo os centros privados”, denunciou Ana Miranda na súa intervención, quen sinalou que estes datos explican as continuas mobilizacións do persoal sanitario en toda Galiza. 


Condicións dignas 

Precisamente unha das causas da folga convocada para os vindeiros días radica en que a Xunta de Galiza pretende suprimir as prazas de Medicina de Familia, o cal tería gravísimas consecuencias na atención primaria. 

“É imprescindible que o persoal sanitario teña unhas condicións de traballo dignas para garantir a calidade do sistema sanitario, que lamentablemente a dereita e a extrema dereita se empeñan en desmantelar”, manifesta Ana Miranda ao respecto. Fronte a esta situación, o BNG propón un plan de choque que inclúa un incremento do 25% no orzamento de atención primaria e a redución das listas de esperas á sanidade privada.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias