El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación súmase ás reivindicacións do Foro Cidadán polo Ferrocarril pola modernización da infraestrutura ferroviaria de Ferrolterra

30-11-2025 14:10:14
Valentín González Formoso.

REDACCIÓN | O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou hoxe na manifestación convocada polo Foro Cidadán polo Ferrocarril para reclamar a modernización e mellora das infraestruturas ferroviarias de Ferrolterra. 

Formoso destacou na manifestación que “hai un clamor en Ferollterra, Eume e Ortegal contra a discriminación a esta esquina de Europa que reclama que aproveitemos a ocasión de nos dá que os fondos europeos están enriba da mesa para contar cunha planificación do Estado que nos permita por fin ter acceso a unha infraestrutura ferroviaria do século XXI e non do século XIX”. 

“Levamos décadas de abandono en materia ferroviaria por parte de distintos gobernos e agora lle toca tanto o Goberno do Estado como ao Goberno autónomíco que se impliquen nunha solución ferrovaria que nos homologue co resto de Galicia, que nos pemita ser competitivos”, afirmou.  

O presidente provincial insistiu na importancia estratéxica da liña Ferrol–A Coruña para garantir o equilibrio territorial, a competitividade industrial e a loita contra o despoboamento. 

Formoso comnsiderou que mobilización cidadá fai visible “unha necesidade histórica” e amosou a total disposición da institución provincial para colaborar nesta xusta reivindicación. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias