El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Internacional

BNG | EURODEPUTADA

A Comisión Europea confirma ao BNG que o goberno galego non garante a protección da Rede Natura de forma suficiente

01-12-2025 18:07:25
Ana Miranda.

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, vén de recibir por parte da Comisión Europea a confirmación de que o goberno galego do Partido Popular non garante de forma suficiente a protección da Rede Natura, o cal é un dos motivos da tramitación do procedemento de infracción contra o Estado español. A CE considera insuficiente o plan director que aprobou a Xunta no 2014, ao aplicaron un plan director xenérico para tódolos espazos, cando o artigo 6 da Directiva de Hábitats sinala que cada espazo debe contar co seu plan propio de conservación.  

“Levamos máis de dez anos denunciando que o goberno galego non ampliou a Rede Natura nin de establece medidas de protección suficientes para estes espazos para protexer a biodiversidade e evitar proxectos contaminantes”, subliña Ana Miranda, quen lembra que Galiza conta cunha das taxas máis baixas de Rede Natura non só do Estado español (27%), senón de toda a Unión Europea, cun 11,74% de superficie protexida. 

A resposta remitida pola Comisión Europea explica que o procedemento de infracción que está tramitando contra o Estado español débese á “designación incompleta de lugares de importancia comunitaria (LIC) como zonas especiais de conservación (ZEC) e o establecemento de obxectivos e medidas de conservación específicos para as ZEC. A respecto de Galiza, o documento especifica que se ben completou o proceso de designación dos seus 59 LIC, a Comisión considera que Galiza “non fixou obxectivos de conservación e medidas de conservación suficientemente específicos para cada lugar en todas as súas ZEC”. 


Altri Non 

“Galiza precisa ter medidas de conservación para cada zona especial para evitar, entre outras cousas, a instalación dunha macrocelulosa contaminante como Altri que o PP se empeña en levar adiante ou macro parques eólicos”, manifesta a eurodeputada do BNG. Esta comunicación da Comisión Europea é a resposta a unha pregunta remitida no pasado mes de setembro na que Ana Miranda trasladaba a preocupación do Bloque sobre a situación da Rede Natura en Galiza ao considerar que os Gobernos galego e estatal non están velando pola aplicación coherente da Directiva de Hábitats e da Directiva de Aves en relación á Rede Natura 2000, en particular no desenvolvemento dos plans de protección e xestión propios para cada espazo.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias