El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Internacional

BNG | EURODEPUTADA

Ana Miranda insta aos gobernos galego e estatal a desbloquear a rexeneración total da ría do Burgo

02-12-2025 18:44:33
Ana Miranda, eurodeputada do BNG.

REDACCIÓN | Na Comisión de Peticións da Eurocámara celebrada esta tarde, Ana Miranda acusou ao goberno galego e ao estatal de bloquear a rexeneración total da ría do Burgo tras a realización do dragado, “unha demanda de hai xa moitos anos”, subliñou. Neste sentido a eurodeputada do BNG propuxo que a Comisión de Peticións se poña en contacto coa Comisión de Emprego e que envíe unha carta tanto ao goberno galego como ao estatal para avanzar no desbloqueo da rexeneración total da ría do Burgo. 

Tras saudar ao presidente da Confraría da Coruña, Javier Mariñas, que compareceu mediante videoconferencia, a eurodeputada galega lembrou a importancia da visita realizada por unha delegación internacional á ría do Burgo no ano 2013, impulsada polo BNG e que serviu para que se consignaran os fondos para realizar o dragado da ría, xa rematado.  

Ademais, Ana Miranda instou á Xunta de Galiza a ter un “papel máis activo” na rexeneración total da ría, xa que por un lado, Galiza ten as competencias exclusivas en materia de pesca en augas interiores, marisqueo e acuicultura, segundo estabelecen os artigos 27.15.° e 28.5°, do Estatuto de Autonomía de Galiza. E, por outro lado, o goberno estatal ten as competencias na realización das obras do dragado. 

Ademais, a eurodeputada do BNG criticou a falta de compensación económica para as mariscadoras e mariscadores ao longo de toda a parada, xa que tal e como explicou o presidente da Confraría coruñesa na súa intervención, levan desde abril de 2024 sen percibir ingresos. “Solicito que haxa compensacións veñan de onde veñan”, manifestou Ana Miranda na súa intervención.  


Apoio do BNG 

“As dúas administracións teñen que poñerse de acordo para que as mariscadoras e mariscadores poidan cobrar e para que esa ría do Burgo estea saneada total e integralmente, como leva demandando o BNG en todas as administracións”, defende a eurodeputada galega. 

“Só foi o BNG quen durante máis de 15 anos estivo ao lado da Confraría de Pescadores da Coruña e dos peticionarios na defensa da ría”, subliñou Ana Miranda, feito ratificado polo propio presidente da Confraría, Javier Marías, quen destacou que son os máis interesados en acadar unha ría totalmente rexenerada e produtiva.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias