El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

A CORUÑA

O Pride Positivo visibiliza na Coruña a loita contra o estigma do VIH nunha xornada de cine, literatura e debate

10-12-2025 11:16:46
Cartel O Pride Positivo.

REDACCIÓN | O Pride Positivo, iniciativa creada en 2022 para visibilizar a persistencia do estigma e da discriminación asociada ao VIH, traerá este venres á Coruña unha xornada especial enmarcada na celebración do Día Mundial da Loita contra a Sida. Será un altofalante máis das necesidades das persoas con VIH, das súas reivindicacións e a súa loita pola equiparación plena de dereitos. 

“CASCO sempre celebra o Día Mundial da SIDA cunha vertente cultural. Na nosa asociación, a cultura e o deporte son importantes. Outros anos fixemos concertos de música e este ano temos cinematografía e literatura”, apunta a directora de CASCO, Sonia Balvuena. 

O evento desenvolverase a partir das 18:00 horas no espazo cultural Galgo Azul (Avenida Gramela 16), con entrada libre ata completar aforo. Alí proxectaranse dúas curtametraxes que abordan, desde perspectivas complementarias, as emocións, desafíos e vivencias das persoas seropositivas. 

A primeira delas, Piruletas, dirixida por Carlos Martínez, propón unha mirada íntima sobre a aceptación e o respecto ás persoas maiores que viven co VIH. A continuación, exhibirase Siempre que lo cuento, obra de Roberto Pérez Toledo que fala da sensación que produce ás persoas con VIH a decisión de dar a coñecer á parella o seu estado seropositivo. 

Tras as proxeccións, celebrarase un encontro coa escritora Xulia Alonso, autora do multipremiado Futuro imperfecto. No libro, Alonso revisa as décadas dos 80 e 90, anos nos que moitas persoas novas descubriron ao tempo o amor e a droga. 

A xornada rematará cun debate sobre os desafíos actuais na loita contra a discriminación, que moderará o activista Santiago Legaspi Irimia baixo o epígrafe “Estigma, onte, hoxe… nunca máis”. Intervirán no coloquio a directora de CASCO, Sonia Balvuena, e a traballadora social da entidade, Lidia Coira. 

O evento, organizado por CASCO, conta coa colaboración do festival de cine Norte Cinema Diverso, Palestra, a cinemateca Pedro Zerolo, a Fundación Pedro Zerolo, Acción Triángulo, Cesida, o concello da Coruña e o espazo cultural Galgo Azul.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias