El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O baile deportivo conquista Riazor na I Copa Deputación da Coruña

13-12-2025 22:43:39
Copa Deputación da Coruña.

AKIRA NÚÑEZ | O Pazo dos Deportes de Riazor acolleu hoxeo a I Copa Deputación da Coruña de Baile Deportivo, unha competición oficial que converteu a cidade herculina na capital galega desta disciplina e que reuniu máis de 300 deportistas procedentes de distintos puntos de España e Portugal. O evento encheu o recinto desde primeira hora da mañá e contou cunha intensa programación entre as 10:30 e as 21:00 horas, concentrándose as probas da Copa Deputación na franxa de tarde.  

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou o éxito desta primeira edición e o compromiso da institución provincial con todos os deportes da provincia, “desde os grandes equipos ata os clubs máis pequenos”. Subliñou que a incorporación do baile deportivo ao calendario das Copas Deputación reforza o obxectivo de “dar visibilidade a disciplinas espectaculares, con gran talento técnico e en pleno crecemento”, e anunciou a intención da Deputación de manter esta aposta no futuro. 

Formoso destacou tamén o “ambiente excepcional” vivido no Pazo dos Deportes de Riazor, rexistrando máis de 4.000 asistenetes ao longo da xoranda que gozaron de música, enerxía e coreografías de alto nivel, e agradeceu a colaboración e implicación da organización, das escolas participantes e das familias que acompañaron ao alumnado e ás parellas competidoras. 

A responsable da organización e xerente da escola UPA Un Paso Adelante de Narón, Sandra García, celebrou a execlente acollida desta primeira edición e subliñou que é “a primeira vez que se organiza en Galicia un evento destas características, oficial e puntuable para o ránking nacional, cun acceso completamente gratuíto para o público”. Destacou tamén a elevada participación e a presenza de deportistas con traxectorias recoñecidas internacionalmente, “incluíndo campións e campioas do mundo”. 

A Copa, disputada baixo o regulamento da Federación Española de Baile Deportivo, contou cun panel de sete xuíces encargados de avaliar as coreografías mediante os sistemas skating e AJS, segundo a modalidade. 



Gañadores e gañadoras da I Copa Deputación de Baile Deportivo 

A organización fixo público o palmarés desta primeira edición da Copa Deputación, no que resultaron vencedores os seguintes deportistas nas cinco categorías oficiais:

Categoría 1: Single xuvenil + junior. Kateryna Chepeliuk Club Apolo Famaliçao. Portugal.

Categoría 2: Single Youth+ Adulto+ Senior. Noemí Cerdán García. CBD Un Paso Adelante Narón.

Categoría 3: Parellas juvenil+ junior. Raul Romero Sendón e Serena Díaz Toba. Club Arte e Movemento. Cee. 

Categoría 4: Parellas Youth+ Adulto. Tomás Gomes e Lara Grigorean Academia Gindança. Portugal. 

Categoría 5: Parellas Senior. David López Fernández e Jessica García Pérez. CBD Un Paso Adelante Narón. 

A xornada pechou cunha ovación do público aos participantes e co agradecemento da Deputación da Coruña a todas as escolas, clubs, deportistas e familias que fixeron posible esta primeira edición.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias