El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación pon en valor o papel do programa UNED Sénior na aprendizaxe ao longo da vida

17-12-2025 18:18:26
A deputada de Cultura, Natividade González (c).

REDACCIÓN | A deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, participou hoxe no acto de entrega de diplomas do curso 2024-2025 do programa UNED Sénior do centro asociado desta universidae na cidade herculina. Na súa intervención puxo en valor o compromiso coa aprendizaxe ao longo da vida, o envellecemento activo e a participación social das persoas maiores.  

González deu os parabéns aos preto de douscentos alumnas e alumnos que recibiron os diplomas e salientou que este recoñecemento “non representa só o remate dun curso académico, senón tamén o reflexo do compromiso coa aprendizaxe ao longo da vida, coa curiosidade intelectual e coa participación activa na sociedade”. 

A deputada provincial subliñou que o programa UNED Sénior é “un exemplo claro de que nunca é tarde para seguir aprendendo, para compartir coñecementos e para continuar medrando tanto a nivel persoal como colectivo”, ao tempo que destacou a súa contribución ao envellecemento activo, ao benestar das persoas e ao fortalecemento da vida cultural e social. 

Natividade González incidiu tamén na importancia da colaboración institucional para garantir a continuidade do proxecto e puxo en valor o apoio da Deputación da Coruña a través do convenio coa UNED. Segundo sinalou, esta cooperación permite “apoiar e consolidar este programa, achegando recursos e estabilidade a unha iniciativa que aposta pola formación, pola participación e pola igualdade de oportunidades ao longo de toda a vida”. 

A responsábel de Cultura reivindicou a necesidade de recoñecer o papel das persoas maiores na sociedade actual e afirmou que UNED Sénior “non só transmite saberes, senón que tamén crea espazos de encontro, diálogo e participación, fundamentais para unha cidadanía activa e comprometida”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias