El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Ernesto González Valdés
Economí­a

GALICIA | SEMANA VERDE

A Fundación Semana Verde pecha 2025 con récord na facturación da Central Agropecuaria de Galicia

17-12-2025 13:31:42
Reunión da Fundación Semana Verde de Galicia.

REDACCIÓN | A Fundación Semana Verde de Galicia celebrou hoxe a reunión do seu Padroado para facer balance provisional deste ano e presentar os orzamentos para 2026. O encontro estivo presidido polo secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta, Javier Abad, en calidade de vicepresidente do Padroado. 

No encontro destacouse a celebración este ano de 27 eventos maiores, cifra que iguala o récord de eventos anuais conseguido en 2021, co dato positivo de que este 2025 non é un ano excepcional, como foi 2021, o cal se beneficiara dun efecto rebote provocado pola falta de eventos en 2020 debido á pandemia. A estas citas súmanse neste exercicio unha vintena de eventos menores e as sesións da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA.  

En canto a esta última, destacan neste exercicio as transaccións xeradas, xa que a falta de sumar os resultados da sesión especial de becerros carniceiros e vacún maior que terá lugar na Central Agropecuaria o 29 de decembro, xa rexistra unha facturación de récord ao superar os 58 millóns de euros, fronte aos máis de 38 millóns do ano pasado, cifra que tamén daquela supuxo a máxima da historia deste mercado. 

No que se refire ao calendario da Fundación é relevante o crecemento en todas as feiras. Así, o certame agropecuario Abanca Cimag-GandAgro, reuniu un 20% máis de firmas e un 4,3% máis de público que na anterior cita; a feira de seguridade, defensa e emerxencias Sedexpo contou cun 19,2% máis de expositores; e a de transporte de viaxeiros por estrada ExpoBus Iberia celebrou a súa maior edición, cun 11,3% máis de empresas, unha superficie un 26,7% maior e un 8,8% máis de visitantes. Tamén a feira Abanca Semana Verde rexistrou a maior cifra de expositores dos últimos 18 anos, ademais de ser a cita máis internacional dos últimos 20 anos desta feira multisectorial e recibir a 112.200 visitantes, un 32% máis que en 2024. 

Así mesmo, é destacable a incorporación no marco de Abanca Semana Verde do novo salón Intermax Beauty Show, centrado na beleza e a estética, así como a celebración de novidosas citas de organizadores externos que ademais contaron cun notable carácter internacional, como a Galican Agility Cup. Esta competición de agility congregou participantes de 22 países e foi a primeira deste deporte canino en Galicia cunha duración de cinco días. 

Neste exercicio de 2025 a previsión é que a Fundación acade unha contas equilibradas no que se refire a actividade e, ademais, realizáronse investimentos por importe de máis de 300.000 euros co obxectivo de mellorar as instalacións da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA e potenciar a súa actividade, dadas as cifras que a acreditan como ferramenta ao servizo do gandeiro para maximizar os prezos do seus animais. A inversión corresponde coa ampliación da Central a través do acondicionamento dun terceiro pavillón, o que ademais suporá un incremento de ingresos ao concorrer máis animais ao mercado, e tamén doutras importantes melloras na Central que inclúen dende renovación de equipamento informático ata sistemas de vixilancia. 


Orzamento 2026 

Por outra banda, na reunión de hoxe analizouse o orzamento previsto para 2026, o cal será de case catro millóns de euros, un presuposto lixeiramente superior ao de 2025 que reflicte a liña positiva lograda nos últimos anos e ao mesmo tempo o comezo da amortización das inversións realizadas na ampliación das instalacións da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias