El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Un total de 91 ANPAS da provincia solicitan as novas axudas da Deputación para estas entidades

23-12-2025 11:43:50
A deputada de Educación, Yoya Neira.

REDACCIÓN | Un total de 91 asociacións de nais e pais (ANPAS) dos centros educativos públicos da provincia da Coruña concorreron á nova convocatoria de axudas da Deputación para a realización de actividades ao longo de 2026. O programa conta cun orzamento total de 250.000 euros. 

A convocatoria ten como obxectivo apoiar o labor que desenvolven as ANPAS como axentes fundamentais da comunidade educativa, fomentando actividades complementarias á educación regrada e promovendo a participación das familias na vida escolar. 

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e permitirán financiar proxectos e actividades de carácter educativo, formativo, cultural e de lecer, así como iniciativas de conciliación da vida familiar e laboral, actividades extraescolares, saídas didácticas, accións de reforzo educativo, encontros formativos e actuacións orientadas á inclusión, á igualdade de oportunidades, ao uso da lingua galega e ao respecto polo medio ambiente.  

Cada ANPA poderá recibir unha subvención de entre 1.500 e 10.000 euros, cun coeficiente de financiamento que oscila entre o 20 % e o 80 % do orzamento subvencionable. As actividades deberán desenvolverse ao longo do ano natural 2026. 

A deputada de Educación, Yoya Neira, destacou que “esta nova convocatoria reflicte a aposta firme da Deputación da Coruña por unha educación pública de calidade que vai máis alá das aulas, recoñecendo o papel esencial que xogan as ANPAS no acompañamento educativo e na conciliación”. 

Neira subliñou tamén a alta participación rexistrada nesta primeira edición da convocatoria: “O feito de que se presentasen 91 solicitudes demostra a necesidade de seguir apoiando o traballo das ANPAS”. 

A deputada puxo en valor, ademais, o enfoque social e inclusivo das bases: “Falamos dunha convocatoria que promove valores fundamentais como a igualdade, a inclusión, e a participación comunitaria, aspectos que forman parte do modelo educativo que defendemos desde a Deputación”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias