REDACCIÓN | O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou hoxe a convocatoria e bases da 18.ª edición do Premio Fran Pérez 'Narf' para grupos e artistas musicais. O certame, consolidado como unha das principais iniciativas provinciais de apoio á creación musical, procura difundir e promover o talento artístico galego ao tempo que mantén viva a memoria e a obra do músico e dinamizador cultural Fran Pérez 'Narf'.
A convocatoria está dirixida a grupos e artistas musicais galegos ou residentes en concellos de Galiza que desenvolvan o seu traballo no ámbito da música pop e nas súas variantes, como o folk, o rock, o rap ou o reggae, sempre que non fosen finalistas nin gañasen o premio nos cinco anos anteriores. As propostas deberán ser orixinais e non premiadas previamente noutros certames, e cada candidatura deberá presentar un mínimo de catro temas, cando menos tres deles en galego.
O Premio Fran Pérez 'Narf' conta cunha dotación total de 7.500 euros, distribuídos en tres premios de 4.000, 2.000 e 1.500 euros, respectivamente. Ademais, os grupos ou artistas que accedan á fase final recibirán unha indemnización de 300 euros por gastos de desprazamento pola súa actuación en directo. O xurado realizará unha preselección a partir das maquetas recibidas e decidirá os premios finais tras unha actuación ao vivo das propostas escollidas.
Belém Tajes, a última gañadora
Na última edición do certame, correspondente ao ano 2025, a artista gañadora foi Belém Tajes, que se impuxo na gala final celebrada no Salón Teatro de Santiago cun proxecto no que o xurado destacou o risco creativo á hora de tender pontes entre a música galega e a latinoamericana, así como o coidado dos arranxos e das letras. Naquel fallo, Marián acadou o segundo premio e Vimbio o terceiro, nunha convocatoria que confirmou a diversidade e a vitalidade da escena musical galega actual.
O prazo de presentación de solicitudes para a edición de 2026 abrirase o 10 de febreiro ás 08:00 horas e permanecerá aberto ata o 10 de abril ás 14:00 horas. A tramitación realizarase integramente por vía telemática a través da plataforma electrónica da Deputación. As bases