El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

O Pleno aproba as bases do Plan Deputación 2026: 22,25 millóns nos concellos da provincia

30-12-2025 14:01:35
Pleno da Deputación de Lugo.

REDACCIÓN | O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo celebrado hoxe vén de aprobar as bases do Plan Deputación de Lugo de Cooperación cos Concellos 2026, que sobe ata os 22,25M€. Esta ferramenta de cooperación económica e técnica entre a Administración provincial e os municipios segue criterios públicos e obxectivos -a poboación, o índice de envellecemento ou a dispersión territorial- e mantén un respecto total á autonomía municipal. O programa de investimentos saíu adiante grazas aos votos a favor do PSdeG, do BNG e do deputado non adscrito, e a abstención do Partido Popular. 

Este acordo permitirá aos 67  concellos da provincia desenvolver actuacións en materia de infraestruturas, creación de emprego, Servizo de Axuda no Fogar, actividades, eventos, administración electrónica ou protección civil. A Deputación de Lugo dá así resposta ás situacións e necesidades concretas de cada municipio, reforzando a súa autonomía, xa que é cada un dos diferentes gobernos locais os que deciden en que queren investir estes fondos provinciais. 

Este é o sexto ano consecutivo que o Executivo provincial saca adiante o Plan Deputación no exercicio anterior ao seu período de vixencia, o que permite ás entidades locais planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo, de forma que poden aproveitar mellor estes recursos. A normativa que regula esta ferramenta de cooperación publicarase no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o 7 de xaneiro, o que permite aos concellos ter máis tempo para elaborar as memorias e proxectos das obras que queiran presentar con cargo a estes investimentos. Terán un mes, ata o 7 de febreiro, para presentar a documentación.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias