El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Ernesto González Valdés
Internacional

BNG | EURODEPUTADA

O BNG defende maior protección do sector agrogandeiro galego fronte ás ameazas do acordo UE-Mercosur

15-01-2026 10:14:04
Ana Miranda, eurodeputada do BNG.

REDACCIÓN | “O BNG oponse ao tratado da Unión Europea co Mercosur porque vai ter unha consecuencia sobre o sector cárnico galego moi grave”, subliña a eurodeputada do BNG, Ana Miranda. En consecuencia, destaca que é preciso apostar por unha maior protección do sector agrogandeiro galego fronte ás ameazas que representa o acordo entre a Unión Europea e o Mercosur, sobre todo respecto ás pequenas explotacións de carne, apicultura e avicultura que conforman boa parte do sector en Galiza. 

Segundo considera a eurodeputada galega, este acordo presenta un triplo problema para Galiza: por un lado para os produtores, porque coa entrada dos produtos de Mercosur (que integra a Arxentina, Brasil, Paraguai e Uruguai)  ten lugar unha competencia desleal; en segundo lugar para o consumidor, porque non ten garantía dos produtos que vai consumir, xa que a normativa nos países de Mercosur é máis laxa que na UE; e, en terceiro lugar, un problema medioambiental, ao non cumprir os mesmos estándares que na UE.  

Precisamente para aumentar a proteccións dos pequenos produtores, o BNG -xunto a outros partidos- presentou emendas ao informe cunha cláusula de salvagarda. Esta cláusula defendía que se se producía o aumento de 5% nas importacións dun produto determinado (nun período de 3 anos), ou unha baixada de máis do 5% no prezo de importación do produto, deberíase activar automaticamente a medida de salvagarda. 


Bulos do PP 

Porén, estas medidas de salvagarda foron rexeitadas polo PP, quen preferiu o texto orixinal de forma que os agricultores quedan sen unha protección efectiva a respecto dos produtos que cheguen a Galiza en virtude do acordo co Mercosur. “Temos que denunciar que PP que en Bruxelas rexeitou aumentar o amparo das explotacións agrogandeiras galegas”, denuncia Ana Miranda ao respecto, quen lembra que os eurodeputados do PP, así como o seu goberno galego e o goberno europeo si o están apoiando. “O PP en Bruxelas di unha cousa e en Galiza di outra”, critica. 

Pola contra, o BNG en Europa leva máis de un ano alertando das consecuencias negativas deste acordo no sector galego. Así, ademais de participar en diversas mobilización tanto en Bruxelas como en Galiza, o ano pasado participou na conferencia UE-Mercosur: A soberanía agrícola da UE en perigo”, organizada en Bruxelas polo grupo Verdes-ALE, na que tamén participaron a deputada e o deputado no Parlamento Galego, Sonia Vidal e Secundino Fernández. 

Asemade, Ana Miranda trasladoulle aos comisarios de Agricultura e de Comercio, Christophe Hansen e Maroš Sefecovic, respectivamente, a preocupación polas consecuencias do acordo da UE co Mercosur  no sector agrogandeiro galego, ao non estar suficientemente avaliadas, e o risco de desaparición de pequenas explotacións.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias