El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Economí­a

GALICIA | SEMANA VERDE

O persoal da Fundación Semana Verde de Galicia fórmase en IA

20-01-2026 13:18:43
Conferencia sobre a IA.

REDACCIÓN | A Fundación Semana Verde de Galicia continúa avanzando no seu proceso de transformación dixital cunha firme aposta pola formación en intelixencia artificial do seu persoal, co obxectivo de mellorar a eficiencia organizativa e seguir consolidando os récords de participación e resultados alcanzados nas súas feiras. 

A entidade feiral xa veu apostando polas novas tecnoloxías, caso da implantación da APP 4.0 na Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, a cal deu os seus primeiros pasos en 2021 e segue implementándose. Unha aplicación que permite automatizar moitos dos procesos dunha poxa semanal cunha asistencia media próxima aos 1.500 animais, coa que se xestionan millóns de euros e que supuxo un importante salto cualitativo na dixitalización dos procesos internos. 

Nesta nova fase, a Fundación puxo en marcha un programa formativo centrado no uso de modelos de linguaxe de gran escala (LLM), plataformas de desenvolvemento de programas informáticos sen código impulsadas por IA (vibe coding), como Lovable, e sistemas de automatización de procesos mediante MAKE, entre outras ferramentas de intelixencia artificial. Estas solucións permitirán ao equipo humano organizar máis eventos en menos tempo, optimizar tarefas administrativas e mellorar a planificación e xestión tanto das distintas feiras como da Central Agropecuaria. 

A formación está a desenvolverse actualmente en colaboración coa empresa PROCONSI, especializada en solucións tecnolóxicas. Con todo, a Fundación Semana Verde mantén unha actitude aberta a incorporar novas empresas especializadas en intelixencia artificial, co fin de seguir ampliando as capacidades dixitais de todo o seu persoal. 


Compromiso coa innovación 

Con esta iniciativa a Fundación Semana Verde de Galicia reforza o seu compromiso coa innovación, a modernización da xestión feiral e a formación continua de todo o seu equipo para dotalo de novas competencias dixitais adaptadas aos retos presentes e futuros do sector. 

Un enfoque estratéxico que non só mellora a súa xestión, se non que a posiciona como un referente na aplicación práctica da intelixencia artificial no ámbito institucional e agrogandeiro e que lle permite fortalecer o seu papel como espazo de encontro, coñecemento e desenvolvemento.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias