El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Internacional

BNG | EURODEPUTADA

O BNG insta á Comisión Europea a excluír a pesca artesanal do regulamento de control pesqueiro

20-01-2026 18:22:08
Ana Miranda, eurodeputada do BNG.

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, subliña que a pesca artesanal ten que estar excluída do regulamento do control pesqueiro da UE, tal e como reclama o sector pesqueiro galego e como leva esixindo o BNG desde hai anos tanto no Parlamento Europeo, como no Congreso, como no Parlamento Galego. 

“Como eurodeputada do BNG intervín onte no Parlamento Europeo para apoiar as distintas mobilizacións que houbo onte en Galiza, nos portos galegos, reclamando que o sector da frota pesqueira artesanal non estea incluído no regulamento de control”, explica Ana Miranda, quen lembra que Galiza ten competencias exclusivas en materia de pesca artesanal “e, sobre todo, porque é un regulamento totalmente inxusto, como así levamos dicindo dende o BNG xa dende a votación do regulamento de control”, no mes de outubro de 2023. 

Neste sentido Miranda destaca que “como única eurodeputada galega que votou en contra deste regulamento de control, quero poñer en valor o traballo que estamos facendo dende o BNG”, así como denunciar as loias e noticias falsas ao respecto. “O BNG votou en contra deste regulamento e ten unha posición moi clara para que se exclúa do regulamento de control a frota pesqueira artesanal”, recorda a eurodeputada nacionalista sobre o pleno do 17 de outubro de 202. 

En consecuencia, o BNG no Parlamento Europeo insta á Comisión Europea “a que siga a petición que se está facendo dende o sector pesqueiro galego para flexibilizar estas normas, pero sobre todo que se exclúa do regulamento, porque pode ser tratada e lexislada dende Galiza, tal como pide o sector pesqueiro, tal como pediron onte os mariñeiros e mariscadores na nosa costa”. 


Singularidades do sector 

En liña coas numerosas actuacións desenvolvidas polo Bloque ao respecto, Ana Miranda enviará unha carta á Directora Xeral de Pesca da Comisión Europea, Charlina Vitcheva, na que lle explicará a necesidade de que o regulamento de control de pesca recolla as singularidades do sector pesqueiro galego, de forma que a pesca galega non siga sendo discriminada. 

De feito, cando se debateu o regulamento de control no Parlamento Europeo, na sesión plenaria de outubro de 2023, Ana Miranda xa subliñou a oposición do BNG a inclusión da pesca artesanal no regulamento do control da pesca, que incluía a declaración electrónica dos cadernos diarios de pesca, de transbordo e de desembarque. Xa daquela, a eurodeputada galega consideraba que é unha medida excesiva e que o sector xa está suficientemente controlado, posto que está suxeito a cotas máximas de capturas, puntos de control e vixilancia dos bancos marisqueiros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias