El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación destina este ano máis de 2,3 millóns para a mellora da calidade do sector turístico

21-01-2026 17:58:05
Xosé Regueira.

REDACCIÓN | O programa DP0030 da Deputación da Coruña, destinado ao financiamento das actividades que, en materia de calidade, competitividade, organización de eventos e iniciativas turísticas, realicen en 2026 os entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios de turismo, terá un orzamento de máis de 2,3 millóns de euros.  

Entre o 22 de xaneiro e o 16 de febreiro estará aberto o prazo de presentación de solicitudes, que deberán tramitarse por vía telemática, a través da plataforma SUBTEL, accesíbel desde a sede electrónica da Deputación.  

A administración provincial convoca esta liña de subvencións como parte da súa política de apoio a entidades locais, supramunicipais, asociativas e mixtas para o fomento da creación de produtos turísticos, mellora da difusión e posicionamento turístico do territorio, fomento da profesionalización no sector e avances na calidade deste segmento de mercado, co financiamento de áreas coma a formación, o deseño de plans ou o desenvolvemento de actividades. 

O vicepresidente e titular de Turismo, Xosé Regueira, destaca  que as axudas «facilitarán a promoción dos oito xeodestinos da provincia cun turismo de calidade, sempre apostando pola colaboración público-privada e sectorial para contribuír á competitividade e á innovación». «Tamén», explica, «queremos favorecer a implantación e desenvolvemento de proxectos europeos de economía azul para potenciar o turismo náutico sustentábel, nun litoral coma o da provincia da Coruña que conta con 956 quilómetros de costa». 

Alén disto, o programa permitirá, segundo Regueira, «seguir dándolle impulso á gastronomía como recurso turístico, organizando eventos diferenciadores e creando produtos innovadores, e atendendo sempre á sostibilidade ambiental e á xeración de emprego no rural». As bases da convocatoria





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias