El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Ernesto González Valdés
José Manuel López García
Sociedad

NORTE CINEMA DIVERSO

Norte Cinema Diverso móvese a novembro e organiza para febreiro unha sesión de inverno sobre maiores LGTBI

O festival coruñés impulsa a súa programación educativa e cultural.

29-01-2026 09:53:56
Cartel de Norte Cinema Diverso.

REDACCIÓN / Información patrocinada por IdoVisual | A IV edición do Norte Cinema Diverso (NCD) chega cunha serie de novidades estratéxicas pensadas para continuar coa expansion do festival. 

A organización confirmou que a IV edición se celebrará os días 25, 26 e 27 de novembro de 2026. “Este axuste de datas ten como principal obxectivo seguir coidando a identidade e a calidade do festival, optimizar o acceso ás propostas dos distintos festivais audiovisuais do mundo e garantir así unha selección da máxima calidade. Cremos sinceramente que este axuste beneficia o proxecto no seu conxunto: o festival sae reforzado e, por conseguinte, tamén o noso público, que poderá gozar dunha programación aínda máis coidada e representativa do mellor cinema diverso actual”, asegura Fernando Cayazzo, codirector do certamen coruñés. 


Norte Cinema Diverso Inverno 

Como antesala ao festival, NCD organizará unha sesión especial de inverno o vindeiro xoves 26 de febreiro ás 20:00 horas. O evento centrarase na realidade das persoas maiores LGTBIQ+, no edadismo e na experiencia da volta ao armario na terceira idade. 

Proxectarase a película Maspalomas, que narra a historia dun home de 76 anos que se ve obrigado a ingresar nunha residencia e enfrontarse de novo á ocultación da súa identidade. 

Maspalomas, dirixida por José Mari Goenaga e Aitor Arregi, acaba de gañar os premios Feroz ao mellor actor principal (José Ramón Soroiz) e ao mellor actor de reparto (Kandido Uranga). Ademais, está nominada en nove categorías dos Premios Goya, que se concederán dous días despois da proxección no Teatro Colón. “O NCD Inverno contará cun coloquio despois da película no que participará como convidado especial, entre outros, Federico Armenteros, fundador e presidente de honra da Fundación 26 de Diciembre, unha entidade de referencia na visibilización, dignidade e dereitos das persoas maiores LGTBI”, apunta Cayazzo. 


NCD Educa 2026: a diversidade entra nas aulas a través do cinema 

O festival, organizado pola asociación Palestra e o concello da Coruña, mantén o seu compromiso co ámbito educativo a través do programa NCD Educa, que iniciou esta mesma semana a súa xira por distintos centros educativos da área metropolitana coa visita ao IES Monte das Moas. O NCD Educa pasará tamén polo Fernando Wirtz (10 de febreiro), o Manuel Murguía de Arteixo (20 de febreiro), o CPR Andaina (2 de marzo), o Eusebio de Guarda (9 e 10 de marzo), o Zalaeta (25 de marzo) e o Otero Pedrayo (data por confirmar). 

O programa inclúe este ano a proxección de seis curtametraxes (Ese lugar partido, Estoy bien mamá, Erupción, Sobremesa, La duda e Siempre que lo cuento) e o posterior debate con alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria e 1º da ESO de cada centro.Norte Cinema Diverso conta coa colaboración da Cinemateca Pedro Zerolo e da Academia Galega do Audiovisual.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias