El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O TSXG admite a trámite o recurso do BNG para acceder ós documentos asinados entre Altri e a Xunta

07-02-2026 13:03:44
Ana Pontón (c).

REDACCIÓN | A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou a súa visita a unha explotación de vacún en Sarria para anunciar que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo presentado polo BNG, para reclamar acceso ós acordos asinados entre a Xunta e Altri, en particular o Memorando de entendemento subscrito en outubro de 2021 entre a empresa e a Sociedade Impulsa. 

“O goberno de Rueda leva dous anos ocultando os seus acordos segredos con ALTRI, por iso tivemos que acudir á xustiza, para poñer luz onde o PP quere que haxa opacidade e esperamos poder ter acceso a ese acordo que foi asinado polo goberno de Rueda”, denuncia a líder nacionalista, “o empeño do Partido Popular en agochar o pacto con ALTRI é unha proba de que ese pacto favorece á macrocelulosa pero prexudica a Galiza, sobre todo a xente do rural e do mar”. 

En concreto, o Memorando de entendenmento foi subscrito polo daquela presidente de Sociedade Impulsa e vicepresidente segundo de Rueda, Francisco Conde, ao que despois sucedeu a conselleira de Economía, María Jesús Lourenzana, até que a entidade creada en 2021cun 48% de participación pública foi liquidada polo Executivo popular en 2025, no que o BNG interpreta como un intento de borrado de probas. O Bloque denuncia os cambios legais que o PP fixo á medida da empresa lusa tras o pacto de 2021, incluída unha indemnización patrimonial se o proxecto fracasa.  O Bloque optou por recorrer á Xustiza ante o veto do Partido Popular ás reiteradas peticións de documentación presentadas desde 2024 no Parlamento, incluso ao amparo do artigo 9 do regulamento, que o goberno do PP incumpre de xeito sistemático para impedir o control da acción do Executivo por parte do BNG, máxime nun tema de tanta transcendencia social como é o proxecto da macrocelulosa.  

Estamos ante unha “auténtica bomba ambiental” que o Partido Popular quere colocar no corazón de Galiza, pese ao custo ambiental, social e económico que implicaría para o sector agrogandeiro, explicou desde Sarria, onde destacou o papel que a produción de carne ten na economía rural, cun total de 28.000 explotacións de bovino. “Crean riqueza, postos de traballo, fixan poboación e manteñen o territorio coidado e, por tanto, axudan loitar contra os incendios”, subliñou. 

Pontón destacou que a macrocelulosa de Altri non é a única ameza para a supervivencia dun sector esencial para manter un rural vivo que conta co apoio entusiasta do PP, denunciou, en referencia ao acordo UE-Mercosur. 

“Ese acordo coloca ós nosos produtores e produtoras de carne nunha situación de competencia desleal, porque están sometidos a estándares ambientais, sanitarios e de benestar animal máis estritos que nos países do Mercosur, e iso supón vantaxes para eses competidores que con custes inferiores poden abaratar prezos”, argumentu, “e nunha Galiza na que predominan explotacións de tamaño medio, unha caída do prezo pode supoñer a diferencia entre viabilidade ou peche”. 

As 28.000 explotacións de carne de bovino como a visitada en Sarria tradúcense en  95.600 toneladas de vacún cada ano, das que 23.000 están amparadas pola indicación xeográfica tenreira galega. “Crean riqueza, postos de traballo, fixan poboación e manteñen o territorio coidado e, por tanto, axudan loitar contra os incendios”, destacou Pontón. 

“A posición do BNG é clara: Non apoiamos o acordo de Mercosur, porque deixa ao noso sector agrogandeiro nunha situación de indefensión, e isto pasa cun goberno de Rueda cruzado de brazos que abandonou os nosos gandeiros e gandeiras, ao contrario, o PP votou a favor dese acordo no Parlamento Europeo, igual que o PSOE”. 

A formación nacionalista comparte as críticas e a preocupación do sector e por iso no Parlamento galego, Congreso e na Eurocámara “dixemos non ao acordo para dicir si ós nosos gandeiros e gandeiras”, recalcou Pontón, e por iso “demandamos ao goberno da Xunta e ao goberno do Estado que rectifiquen e se poñan do lado dun sector estratéxico para Galiza”, concluíu.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias