El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

VIMIANZO

Vimianzo celebrará o sábado de Entroido con máis de 3.000 euros en premios

13-02-2026 17:18:33
Cartel do sábado de Entroido.

REDACCIÓN | O Concello de Vimianzo convida á veciñanza e visitantes a participar na celebración do sábado de Entroido 2026, que terá lugar o sábado, cunha programación pensada para todos os públicos. 

En Vimianzo a xornada comezará ás 16:00 horas coa concentración na Praza do Concello, seguida ás 16:30 horas dun pasarrúas con animación polas rúas da vila. Ás 17:30 horas no pavillón dará comezo o tradicional Concurso de Disfraces, unha das citas máis agardadas da tarde, que premiará a creatividade, a posta en escena e o espírito entroidesco. 

O evento contará con dous presentadores de luxo, Pablo Reboleiro e Marta Alonso, que serán os encargados de conducir o concurso, dinamizar a tarde e poñer o mellor ambiente ao longo de toda a xornada festiva. 

Ás 20:00 horas celebrarase a sesión de baile tamén a cargo de Pablo Reboleiro e Marta Alonso, e ás 21:00 horas terá lugar a entrega de premios a cargo da alcaldesa, Mónica Rodríguez, e dos concelleiros e concelleiras. 


Máis de 3.000 euros en premios 

Establécense os seguintes premios por categorías: 

.- Comparsas de 20 ou máis integrantes: 1.000 euros (1º premio), 500 euros (2º premio), 200 euros (3º premio). 

.- Grupos de 3 a 19 integrantes : 300 euros (1º premio), 200 euros (2º premio), 100 euros (3º premio). 

.- Familias empadroadas en Vimianzo ( mínimo 6 integrantes e 3 xeracións) 200 euros. 

.- Parellas: 100 euros (1º premio), 75 euros (2º premio), 50 euros (3º premio). 

.- Infantís individuais: 60 euros (1º premio), 40 euros (2º premio), 20 euros (3º premio). 

.- Adultos individuais: 100 euros (1º premio), 75 euros (2º premio), 50 euros (3º premio). 


Orde de actuación – Concurso de Disfraces 

O concurso desenvolverase segundo a seguinte orde de participación: 

1º individual infantil: 

-LA PRINCESA DE LOS CUENTOS 

-EXCAVACIONES MATEO 

-O PIRATA MÁIS TOLEIRO DOS MARES 

-CRISTOBAL COLÓN 

-GUARDIAN DE LOS OCEANOS 

-VACA 

-DOMADOR DE CARACOLES 

-CABALIÑO 

2º individual adultos 

-OTOÑO MÁGICO 

-OPTIMUS PRIME 

-DINO RASTA 

-CHAMÁN 

3º Parellas 

-AS MEDUSAS 

-OS CHAPALATAS 

-NIN RATA, NIN RATO, RATIÑA!! 

- SIRENAS 

4º grupos 

-A LUZ DO CAMIÑO - PONTEDISFRAZ 

-CABALIÑOS DO MONTE FARO 

-CARANTOÑA NAS NUBES 

5º Familias de Vimianzo 

-O CONTO OS TRES P- ORQUIÑOS 

-OS EXPLORADORES INTERXERACIONAIS VIMIANCESES 

6º comparsas 

-A FÁBRICA DA LUS- A.C.TRUBISQUIÑA 

-FIOS DE SALITRE - A.C. O CANSORRIÑO 

-LATEXO GALEGO - ASOC. CULTURAL MOCATRIZ 

-MOLIN ROUGE 1889 – MUROS 

Desde o Concello animan á veciñanza a participar e gozar dunha das festas máis esperadas do inverno, que converterá Vimianzo nun escenario cheo de cor, creatividade e convivencia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias