El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación en nova sede oficial do evento anual da Federación Española de Profesionais da Fotografía e a Imaxe

19-02-2026 10:18:29
Xosé Penas (e).

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña formalizou esta semana o convenio de colaboración coa Federación Española de Profesionales da Fotografía e da Imaxe (FEPFI) para trasladar á capital da provincia a sede oficial do evento Calificacións 2026 e da gala de entrega de premios, que se celebrarán na cidade os días 20, 21 e 22 de febreiro. 

O vicepresidente da Deputación e responsábel da área de Turismo, Xosé Regueira, intervirá mañá, ás 09:00 horas, no acto inaugural. Destaca que «é un orgullo traer ao noso país un Congreso con décadas de traxectoria e que nos últimos anos premiou moitos profesionais galegos e, en particular, da provincia da Coruña». 

Ademais, subliñou que «está prevista a participación de 350 profesionais da imaxe que estamos seguros de que levarán un bo recordo e contribuirán a comunicar en positivo a nosa terra, reforzando a súa proxección no exterior». 

O acordo, ratificado en nome do goberno provincial polo deputado Xosé Penas, responsábel de Patrimonio e Contratación, responde ao interese estratéxico da institución por apoiar o sector profesional da fotografía e do audiovisual, diversificar a oferta cultural e turística e reforzar a proxección institucional en ámbitos de calidade e excelencia.  

A achega provincial ascende a un máximo de 57?737,20 euros, que se materializará mediante a contratación directa por parte da Deputación dos servizos necesarios para o desenvolvemento do evento.  


Calificacións 2026 

O Evento de Calificacións é a principal cita anual da FEPFI e constitúe un sistema profesional de avaliación de obras fotográficas e audiovisuais orientado á formación, ao recoñecemento e á promoción do sector. A súa celebración na provincia «encaixa cos obxectivos da área de Turismo en materia de desestacionalización, ao desenvolverse no mes de febreiro, e de impulso ao turismo profesional e de eventos», subliña Xosé Regueira. 

O vicepresidente tamén se congratula polo feito de que esta colaboración coa FEPFI vai contribuír a reforzar a mensaxe ‘A Paisaxe que sabe’, presente na cartelaría oficial do evento.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias