El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Xosé Regueira enfatiza o valor estratéxico do turismo profesional na inauguración do certame estatal de cualificacións da FEPFI na Coruña

20-02-2026 13:06:08
Xosé Regueira (c).

REDACCIÓN | O vicepresidente da Deputación da Coruña e responsábel da área de Turismo, Xosé Regueira, participou hoxe na inauguración do Certame de Cualificacións da Federación Española de Profesionais da Fotografía e da Imaxe (FEPFI). Este evento, con décadas de traxectoria, cambia a súa tradicional sede pola cidade da Coruña, que o acollerá até o vindeiro domingo, día 22. 

Esta novidade prodúcese grazas a un convenio asinado pola institución provincial coa FEPFI, convertendo a cidade herculina na nova sede oficial. Regueira destacou na súa intervención o «valor estratéxico» da celebración deste tipo de encontros profesionais para o modelo turístico provincial. 

«Para a Deputación, a celebración dun evento do prestixio do Certame de Cualificacións da FEPFI na Coruña forma parte dunha aposta estratéxica fundamental que se aliña perfectamente coa nosa política de promoción do turismo MICE —reunións, incentivos, congresos e exposicións—, orientada a diversificar a oferta turística e atraer mercados profesionais específicos», sinalou. 

O vicepresidente explicou que este tipo de turismo contribúe ao crecemento económico da provincia ao xerar un gasto medio dos participantes entre tres e cinco veces superior ao do turismo de lecer, ademais de favorecer a creación de sinerxías público-privadas e avanzar na desestacionalización da actividade turística ao celebrarse fóra da tempada alta. 

Regueira subliñou tamén que «eventos profesionais como este reforzan a posición da provincia da Coruña como porta de entrada a Galiza, integrando recursos provinciais e fomentando a colaboración». Neste sentido, destacou que o impacto destas iniciativas vai alén da celebración inmediata do congreso, xa que «moitas persoas que se achegan a este evento por razóns profesionais acaban volvendo posteriormente acompañadas da familia, parella ou amizades por motivos de lecer. 

O encontro reúne preto de 350 profesionais da fotografía e da imaxe de todo o Estado e constitúe a principal cita anual da FEPFI, un sistema profesional de avaliación e recoñecemento de obras fotográficas e audiovisuais orientado á formación e á promoción do sector. 

A colaboración coa FEPFI incorpora ademais a presenza da mensaxe turística provincial ‘A paisaxe que sabe’, reforzando a promoción do destino entre profesionais con alta capacidade de prescrición e difusión internacional.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias