El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Regueira: "Volvemos de Navartur coa satisfacción de ver asociado o noso territorio a un turismo de calidade e sostíbel"

22-02-2026 13:15:03
Xosé Regueira (1e).

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña pechou cun balance moi positivo a súa primeira participación en Navartur-Feira Internacional de Turismo Reyno de Navarra, celebrada esta fin de semana no Palacio de Congresos e Auditorio Baluarte de Iruña, onde promoveu un modelo turístico baseado no territorio, a sostibilidade e a identidade. O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, amósase «moi satisfeito desta primeira participación no evento», destacando a «altísima densidade de público no noso expositor durante as tres xornadas». 

Regueira destacou que a participación en Navartur contribuíu a reforzar a imaxe da provincia vinculada a un turismo de calidade, sustentábel e respectuoso coa natureza e coa identidade do territorio. «Volvemos contentos por isto e porque se vincule o noso territorio cun turismo de calidade, sustentábel, de respecto pola propia natureza e identidade do territorio. Moi satisfeitos de probar Navartur e agardemos que sexa a primeira de moitas ocasións en que esteamos nestas terras promocionando o turismo e o noso territorio», subliñou. 

Segundo sinalou, a presenza da Deputación permitiu comprobar «o interese da sociedade navarra en procurar na provincia da Coruña un destino onde pasar as súas vacacións». Durante a feira, gastronomía, turismo de natureza e sendeirismo foron as opcións máis demandadas polas persoas visitantes que se achegaron ao espazo promocional da provincia. «É algo que sempre se asocia ao norte, a Galiza e á provincia da Coruña», explica Regueira, quen enfatiza tamén a intensidade da atención rexistrada no posto provincial. 

O vicepresidente tamén agradece a colaboración das entidades e persoas participantes no mostrador, nomeadamente ao alcalde da Laracha, José Manuel López Varela —presidente da CMAT Costa da Morte— e ao equipo que o acompañou, así como ás técnicas do GDR Ulla-Tambre, que contribuíron ao traballo promocional desenvolvido. 

Regueira conclúe desexando que, debido a esa intensidade de demanda de información, «proximamente teñamos numerosos visitantes de orixe navarra na provincia da Coruña e, sobre todo, que saian satisfeitos e fidelizados, que repitan».





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias