El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Formoso destaca a transformación da Deputación nunha institución útil para o emprego, os concellos e a mellora da vida das persoas

27-02-2026 14:12:48
Valentín González Formoso (e).

REDACCIÓN | O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou hoxe nos Almorzos de Nordés Club Empresarial, onde puxo en valor a profunda transformación da institución provincial na última década, orientada a converter a Deputación nunha administración máis útil, próxima e conectada coa realidade económica e social do territorio. 

Durante a súa intervención, Formoso destacou que iniciativas como o Plan Único e o Plan de Emprego Local (PEL) supuxeron “unha auténtica revolución” na xestión provincial. O Plan Único multiplicou por catro o investimento nos concellos e permitiu que sexan as administracións locais as que decidan as súas prioridades, mentres que o PEL se consolidou como o maior programa de emprego impulsado por unha administración local en Galicia, contribuíndo á creación de miles de postos de traballo e ao apoio ao tecido empresarial e ao emprendemento. 

O presidente provincial puxo tamén en valor decisións estratéxicas adoptadas nos últimos anos, como a recuperación da xestión pública dos parques de bombeiros do Consorcio Provincial Contra Incendios, que estaban en mans privadas, co obxectivo de reforzar a calidade do servizo, mellorar as condicións dos profesionais e garantir unha resposta máis eficaz e segura á cidadanía.  

Formoso aproveitou o encontro para reivindicar “os principios da socialdemocracia como base dunha política útil”. Neste sentido, subliñou a importancia de “aspirar a gobernar para mellorar a vida da xente”, trasladando as boas ideas ao ámbito da xestión e das políticas públicas concretas. 

Na súa intervención, o presidente concluíu que o obxectivo das administracións debe ser resolver problemas, crear oportunidades e garantir que o progreso chegue a todo o territorio, especialmente ao rural, para que vivir en calquera concello da provincia non signifique ter menos oportunidades.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias