El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación convoca 48 bolsas de investigación e perfeccionamento de estudos artísticos

Cun orzamento de preto de medio millón de euros.

02-03-2026 19:41:56
Bolsas de investigación e artísticas.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña publica hoxe as bases das bolsas para apoiar á mocidade coruñesa na realización de proxectos de investigación en distintos campos de coñecemento e perfeccionamento de estudos artísticos durante o curso 2026-2027. 

Ambas convocatorias suman un orzamento de 480.000 euros para un total de 48 bolsas de 10.000 euros cada unha. Nos últimos anos, o Goberno provincial incrementou progresivamente tanto o número de bolsas, que pasaron de 40 a 48, como a contía das mesmas, que subiu de 8.000 a 10.000 euros. 


20 bolsas de investigación 

Este ano convócanse 20 bolsas de investigación, que pretenden “ofrecer apoio e oportunidades aos novos talentos coruñeses en diferentes da ámbitos que van desde as ciencias da saúde, ás ciencias sociais e xurídicas ou as humanidades”, explicou o presidente, Valentín González Formoso. 

Poden optar a estas bolsas as persoas con titulación universitaria con menos de 36 anos de idade e residencia en calquera concello da provincia da Coruña, que deberán realizar un traballo de investigación durante un período mínimo de nove meses. 

Convócanse 5 bolsas para proxectos sobre artes e humanidades, 4 de ciencias da saúde, 5 de ciencias sociais, xurídicas ou estudos de xénero, 4 de ciencias e 2 de enxeñería e arquitectura. 


28 bolsas de perfeccionamento artístico 

No caso das bolsas de perfeccionamento de estudos artísticos, a Deputación dedica este ano 280.000 euros para financiar 28 axudas cunha achega de 10.000 euros cada unha. 

A través delas, as persoas beneficiarias recibirán financiamento para custear o gasto derivado da realización de estudos artísticos fóra da comunidade autónoma de Galicia durante nalgunha destas áreas: audiovisual (3 bolsas), danza e artes do movemento (3), ilustración, artes plásticas e visuais (4), música (15) e teatro e interpretación escénica (3 bolsas). 

Estas bolsas permitirán a alumnos e alumnas da provincia da Coruña completar a súa formación artística en centros de alto nivel de fóra de Galicia. Ao longo dos anos, estas bolsas permitiron mellorar a formación de decenas de coruñeses e coruñesas en cidades como Madrid, Barcelona, Granada ou Valencia ou en centros especializados en artes de Estados Unidos, Francia, Reino Unido ou Países Baixos.  


Solicitudes 

O prazo de solicitudes das bolsas vai desde o 16 de marzo ao 16 de abril: Bases bolsas de investigaciónBases bolsas de investigación. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias