El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Sol Agra pon en valor o uso da memoria histórica para educar en igualdade a través do proxecto "A ditadura é un señor con bigote"

11-03-2026 17:46:35
Sol Agra (e), e Montse Fajardo.

REDACCIÓN | A deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, Sol Agra, participou hoxe na Coruña na presentación de ‘A ditadura é un señor con bigote’, de Montse Fajardo, unha das iniciativas gañadoras do Premio ‘Luísa Villalta’ a proxectos pola igualdade na súa edición de 2025.O acto, IES Rafael Puga, permitiulle ao alumnado achegarse de primeira man a un proxecto que investiga as causas xudiciais contra mulleres e o estudo da misoxinia estrutural do franquismo, a través da análise das sentenzas daqueles anos.A deputada Sol Agra destacou que a iniciativa é «unha ferramenta única para comprender a raíz histórica do machismo contemporáneo, necesaria para divulgar as consecuencias da ditadura desde un enfoque de xénero e contribuír á construción dunha cidadanía democrática».O proxecto inclúe tamén un obradoiro dirixido ao alumnado e presentouse en quince institutos de educación secundaria da provincia da Coruña. Esta aplicación divulgativa da investigación de Montse Fajardo foi outro dos aspectos salientados pola deputada, «pola súa capacidade para crear pensamento crítico na mocidade, contrarrestando discursos antifeministas e antidemocráticos que proliferan nas redes sociais».O Premio ‘Luísa Villalta’ a proxectos pola igualdade, convocado pola Deputación da Coruña, recibiu na súa última edición un total de 22 solicitudes. O xurado seleccionou oito propostas que foron distinguidas nesta convocatoria cunha contía máxima de até 12?500 euros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias