El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

XXXV MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS

A olería de Buño locerá de novo na pasarela Deputación da Coruña

16-03-2026 18:39:37
Olería de Buño.

REDACCIÓN | A olería de Buño locerá de novo na pasarela Deputación da Coruña nunha trixésimo quinta Mostra do Encaixe de Camariñas que contará coa presenza de Feituras, O Rulo, Alfarería la Cacharrera e Risco Estudio, nos desfiles da categoría de ArtEncaixe, combinando o Encaixe de Camariñas coas pezas de barro destas catro oleiras e oleiros. 

“Un ano máis valoramos moito que conten con nós, xa que é un orgullo e un reto participar na Mostra do Encaixe de Camariñas, no ArtEncaixe, un reto maiúsculo posto que as pezas son feitas en exclusiva para o desfile, como xa se puido ver en edicións anteriores”, comenta María Canedo, de Feituras, quen afirma que “existen estilos moi diferentes, todas e todos mantemos as formas e pezas tradicionais pero somos conscientes de que hai que avanzar cos tempos, innovar e iso é bo, buscar novas decoracións e continuar sen perder a nosa esencia”. 

Canedo asegura que “o máis tradicional non está pelexado coa vangarda, e participar neste desfile permítenos dar a coñecer á xente que se achega a Camariñas os diferentes estilos que podes atopar en Buño, á vez que tamén é unha porta aberta para amosar a fermosa convivencia de dúas artesanías tan distintas como son a cerámica e o Encaixe. 

”O público que se achegue á XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará no pavillón Victor Vigo do 1 ao 5 de abril, poderá desfrutar destas pezas nos desfiles de ArtEncaixe, que terán lugar na pasarela Deputación da Coruña nos seguintes días e horarios: 

.- Xoves, 2 de abril, ás 12:45 (grupo A) e ás 18:00 horas (grupo B). 

.- Venres, 3 de abril, ás 12:45 (grupo B) e ás 16:45 horas (grupo A). 

.- Sábado, 4 de abril, ás 12:30 (grupo A) e ás 18:00 horas (grupo B).





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias