El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

XXXV MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS

Teatro e monólogos posiciónanse como alternativas culturais na Mostra do Encaixe de Camariñas

22-03-2026 11:29:01
Sen restricións.

REDACCIÓN | O teatro e os monólogos preséntanse como alternativas culturais na XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Dentro da ampla programación deste evento, destacan no eido das artes escénicas as actuacións da compañía Aantena, a compañía de Camelle e Marta Doviro, Carmen Méndez e Ledicia Sola. 

Durante o serán do xoves, 2 de abril, ás 20:30 horas, haberá unha representación teatral a cargo da compañía Aantena titulada ‘Fíos da memoria’. Na propia pasarela Deputación da Coruña. A entrada é gratuíta. 

Así, o venres, 3 de abril, ás 20:30 horas, tamén a pasarela encherase de gargalladas con ‘Mortos de Risa’, da compañía de Camelle, un monólogo cuxa entrada é completamente de balde. 

Marta Doviro, Carmen Méndez e Ledicia Sola proporán un monólogo titulado ‘Sen restricións’ o sábado, 4 de abril, ás 20:30 horas. Tamén na pasarela Deputación da Coruña e para o que hai que adrquirir entrada previamente na taquilla. 

Este espectáculo xunta a tres intrépidas no escenario dispostas a compartir as súas historias, pensamentos, anécdotas e vivencias. O cinema servirá de fío condutor a estas tres valentes mulleres para falar de temas tan dispares e disparatados como o amor, as drogas, o Apóstolo Santiago, a Costa da Morte ou as químicas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias