El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación apoia o conservatorio de Noia

Con 25.000 euros dentro das axudas a escolas e conservatorios de música municipais.

24-03-2026 20:02:26
O conservatorio municipal de Noia.

REDACCIÓN | A deputada de Educación e Mocidade da Deputación da Coruña, Yoya Neira, visitou hoxe o conservatorio municipal de Noia xunto ao alcalde, Fran Pérez, nun acto no que puxo en valor o apoio da institución provincial ao funcionamento dos centros de formación musical da provincia. 

A Deputación da Coruña vén de conceder ao Concello de Noia unha subvención de 25.000 euros para o funcionamento do seu conservatorio, no marco do programa de subvencións para conservatorios e escolas de música municipais, que este ano destina preto de medio millón de euros ao mantemento de 31 centros de formación musical e de danza na provincia. 

Durante a visita, Yoya Neira destacou a importancia destas axudas para garantir o acceso á formación musical en todo o territorio. “Escolas e conservatorios como o de Noia fan un traballo fundamental na formación da mocidade, e desde a Deputación queremos seguir apoiando ese labor, garantindo que existan oportunidades de acceso á formación musical tamén fóra das grandes cidades”, afirmou, poñendo en valor o esforzo dos concellos por manter estes servizos. 

Pola súa banda, o alcalde de Noia, Fran Pérez, agradeceu o apoio da Deputación e destacou que esta achega “permite garantir o funcionamento dun servizo moi importante para o municipio e moi querido pola veciñanza”. 

O conservatorio municipal de Noia conta cunha ampla oferta formativa que inclúe disciplinas como trompeta, bombardino, tuba, trombón, saxofón, frauta, clarinete, violín, viola, violonchelo, guitarra e piano, que o sitúan como un referente na formación musical da comarca. 

O centro dispón dun plantel de 9 profesores e atende a un total de 126 alumnos e alumnas, cun volume de 225 horas semanais de clase, o que evidencia a súa intensa actividade docente e o seu papel fundamental na dinamización cultural do municipio. 

A través desta liña de axudas, a Deputación da Coruña destina este ano 473.750 euros ao mantemento de conservatorios, escolas municipais de música e escolas de danza, co obxectivo de apoiar o seu funcionamento ordinario e garantir a continuidade da formación artística en toda a provincia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias