El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Bayardo Quinto Núñez
Jesús Antonio Fernández Olmedo
Más noticias

XXXV MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS

Comercio local, artesanía, postos internacionais e exhibicións artesás na Mostra do Encaixe de Camariñas

25-03-2026 19:37:53
Encaixes Belén.

REDACCIÓN | A trixésimo quinta edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña dará para moito, e o visitante poderá adquirir nos diversos postos de Encaixe de Camariñas enxoval doméstico, complementos de moda, recordos e moito máis! 

A Mostra é un escaparate incomparable para os artesáns locais, que amosan durante os cinco días do evento o seu bo facer e ofrecen ao público produtos de alta calidade. Participan este ano 12 postos de diferentes artesáns de Camariñas: El Rincón de los Sueños, Asoc. Prof. De Palilleiras Rendas, Asoc. Puntillas de Camariñas, Encaixa-T, Encajes Gelina, Encaixes Maruja, Resinheira, Galencaixe, Nadia en Vela, Ondas do Mar, A Tenda de María Rosa e Cornechiño de Lita. 

Ademais, tamén se poderá desfrutar dos produtos de artesáns chegados de fóra: Ana Trasariz, Arte en Palla, Artesanía Nía, “As Nemanquiñas”, Asociación Palilleiras “A Nosa Señora da Barca”, Encaixes Arjomil, Encaixes Belén, Encaixes Lucita, Fils i Agulles Carme Espriu, Mulleres Rurais Moraime, Olería de Buño, Project Market 13 e Tejas Pintadas. 

Tamén haberá espazo social e institucional coa Asociación contra o Cancro – Junta Local de Camariñas, Asocaición Virxe do Carme de Camariñas, Concello de Camariñas, Deputación da Coruña, Ponte Friki e contaremos tamén cun Punto Violeta. 

No contexto internacional daranse cita palilleiras e palilleiros de nivel internacional chegados desde Córdoba e Bos Aires, en Arxentina; de Sofía, Bulgaria; de Krakovany, Eslovaquia; de Novedrate, Italia; de Bobowa, Polonia; de Serra d’el Rei e Peniche, Portugal e tamén de Arenis de Arenys del Mar, de España. 

As demostracións de artesanía viva correrán a cargo das oleiras e oleiros de Buño, de Miyuki e de Tejas Pintadas con exhibicións de montaxe de bixutería en pedra natural. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias