El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

XXXV MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS

Gubem Event volverá encargarse da pasarela da Mostra do Encaixe de Camariñas

27-03-2026 17:31:11
Damián Álvarez.

REDACCIÓN | A pasarela da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña está a destacarse como unha referencia nacional a nivel organizativo e de proposta visual, presentando desfiles estruturados, dinámicos e entretidos para o público, tanto para o máis experto como para os que se achegan por primeira vez ao mundo da moda.  

A empresa galega Gubem Event será, un ano máis, a responsable da organización e coordinación da pasarela da Mostra do Encaixe de Camariñas, consolidando así o seu papel nun dos eventos máis relevantes do calendario da moda en Galicia. 

Á fronte da empresa atópase o modelo internacional Damián Álvarez, quen lidera un proxecto que combina experiencia no sector da moda e capacidade organizativa, aportando unha visión profesional e actual á posta en escena dos desfiles. 

Dende a chegada de Gubem Event á coordinación da pasarela, a Mostra experimentou un notable aumento de afluencia de público, reflexo dun formato máis dinámico, atractivo e adaptado ás novas tendencias do sector. 

“Apostamos por unha coidada selección de modelos, incorporando perfís diversos e de gran interese, así como por uns constantes cambios de coreografías e da estrutura dos desfiles. O obxectivo é ofrecer unha pasarela viva, variada e sorprendente, onde cada pase se converta nun auténtico espectáculo”, explica Damián. 

Para esta nova edición, Gubem Event adianta que haberá novidades que reforzarán a experiencia do público e seguirán posicionando a Mostra do Encaixe de Camariñas como un referente que combina tradición e moda contemporánea.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias