El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación convoca o premio Otero Pedrayo 2026

Dotado con 16.000 euros.

03-04-2026 15:44:34
Pleno da Deputación da Coruña.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña abriu a convocatoria do Premio Otero Pedrayo 2026, un galardón que ten por obxecto perpetuar e honrar a memoria dunha das figuras máis senlleiras da cultura galega, premiar un labor que constitúa unha contribución eminente á cultura do país e promover os valores propios de Galiza e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións. 

A dotación é de 16.000 euros, contía que achegan conxuntamente as catro deputacións provinciais galegas e a Xunta. Nesta edición, a Deputación da Coruña asume a convocatoria do premio, de acordo co carácter rotatorio anual estabelecido no seu regulamento. 

O prazo de presentación de candidaturas será de tres meses desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, o pasado 26 de marzo de 2026, polo que permanecerá aberto ata o 27 de xuño de 2026. 

Poderán optar ao premio as persoas nacidas ou residentes en Galiza, así como os grupos de traballo, institucións e entidades que destaquen pola difusión e polo mantemento da cultura galega. As candidaturas poderán ser presentadas polas propias persoas aspirantes, por entidades académicas e culturais, polas deputacións provinciais, pola Xunta ou polo propio xurado. 

Convén lembrar que o Premio Otero Pedrayo é convocado cada ano por unha das catro deputacións galegas —A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra— e constitúe un dos recoñecementos máis relevantes no ámbito cultural galego. Nas últimas edicións foron recoñecidas figuras e entidades como Rosario Álvarez e Menchu Lamas (2021), Ángel Carracedo (2022), Darío Villanueva (2023), a Coral de Ruada (2024) e a Coral Polifónica de Pontevedra (2025), entre outras referencias destacadas das letras, da investigación e da creación cultural galega. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias