El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Área de Igualdade da Deputación destina máis de 625.000 euros para apoiar programas de igualdade e investimentos en políticas de xénero

06-04-2026 09:25:57
Sol Agra.

REDACCIÓN | A Área de Igualdade da Deputación da Coruña destina máis de 625.000 euros para apoiar programas de igualdade e investimentos en políticas de xénero realizados por entidades sen ánimo de lucro. O Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) publica este luns a concesión provisional das subvencións correspondentes ao programa FOIO0A, dirixido a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas en políticas de xénero no ano 2026. Súmanse ás axudas, xa definitivas, do programa FOIO0B para investimentos e mellora de recursos. 

Da primeira destas liñas son beneficiarias provisionalmente 47 entidades, cun importe total de 573.081,75 euros. Asemade, hai outras tres que suman 26.917,98 euros, cuxa concesión está condicionada á emenda en prazo dos requisitos sinalados na resolución publicada no BOP. 

Entre as entidades que provisionalmente resultan beneficiarias destas axudas cabe sinalar algunhas tan destacadas como Cruz Vermella Española, con 28.488,94 euros; Rexenerando S. Coop. Galega, con 25.455,63 euros; a Federación Galega de ANPAS Compostela, con 22.435,04 euros; A.L.A.S Coruña con 23.739 euros ou a Asociación de Mulleres Rurais de Galicia con 16.352 euros. 

Grazas a estas axudas, poderanse desenvolver proxectos moi diversos, desde programas formativos e de capacitación profesional até servizos de apoio integral a mulleres en situación de vulnerabilidade, pasando por iniciativas de sensibilización, accións comunitarias ou recursos para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. 

A deputada de Igualdade, Sol Agra, subliña que con esta convocatoria «reafirmamos o noso compromiso co apoio ao tecido asociativo que traballa día a día pola igualdade real e efectiva». Neste sentido, destacou que «o cambio constrúese desde o local», polo que considera fundamental «garantir a estabilidade dos proxectos que están a transformar a realidade social desde a proximidade». 

Agra pon en valor «o papel do apoio económico das institucións ás entidades aliadas que traballan desde a sociedade civil», pois o seu coñecemento do territorio «permite desenvolver intervencións máis eficaces». Ademais, incide en que «sen ese traballo continuado sería máis difícil avanzar na prevención das violencias machistas e na promoción dos dereitos das mulleres». 


Case 52.000 euros para equipamentos 

A contía provisionalmente concedida mediante a liña FOIO0A/2026 súmase aos 52?612,11 euros xa outorgados definitivamente a finais de marzo a través do programa FOIO0B, dirixido a entidades sen ánimo de lucro para o investimento en políticas de xénero no ano 2026. 

Resultaron beneficiarias 15 entidades da provincia, que destinarán os fondos a obras, adquisición de equipamento para a mellora de servizos, programas e actividades en materia de igualdade de xénero.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias