REDACCIÓN | A VII Semana do Cinema Galego arrinca o martes na Coruña, consolidándose como unha das citas imprescindibles para descubrir en pantalla grande o mellor cinema galego recente. Ao longo de catro xornadas, do 7 ao 10 de abril, o público poderá asistir gratuitamente ás proxeccións de oito filmes no Teatro Colón e na Domus, con entrada libre ata completar capacidade.
A mostra, organizada pola Academia Galega do Audiovisual co apoio do Concello da Coruña, reúne as longametraxes máis destacadas do último ano, as finalistas aos Premios Mestre Mateo nas categorías de ficción e documental.
Como en edicións anteriores, todas as sesións contarán coa participación dos equipos dos filmes, que presentarán as obras e compartirán un coloquio co público ao remate das proxeccións. O programa:
Martes (Teatro Colón)
.- Ás 19:00 horas: Sirât, de Oliver Laxe
.- Ás 21.00: As liñas descontinuas, de Anxos Fazáns. Presentación coa actriz Mara Sánchez.
Mércores (Teatro Coón)
.- Ás 19.00 horas: San Simón, de Miguel Ángel Delgado. Presentación co director Miguel Ángel Delgado e o actor protagonista Flako Estévez.
.- Ás 21.00: Antes de nós, de Ángeles HuertaPresentación coa actriz Cris Iglesias.
Xoves (Domus)
.- Ás 19.00 horas: Deuses de pedra, de Iván Castiñeiras
.- Ás 21.00: Ao son da nova regueifa, de Manolo Maseda e Saúl Rivas. Presentación cos directores Manolo Maseda e Saúl Rivas e regueifeiros.
Venres (Domus)
.- 19.00 horas: O silencio herdado, de Lucía Dapena González. Presentación coa produtora Laura Doval.
.- 21.00: 360 curvas, de Alejandro Gándara Porteiro e Ariadna Silva Fernández.
Un total de oito propostas que ofrecen unha panorámica diversa do cinema galego contemporáneo, con historias que transitan entre a ficción e o documental e abordan cuestións como a memoria, o territorio ou as transformacións sociais.